PROGRAMA Sentir, Coñecer, Actuar 2007 - 2008
O Programa de Educación Ambiental “Sentir, Coñecer, Actuar” forma parte do proxecto educativo que Amigos da Terra desenvolve no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, en colaboración coa Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
As temáticas que se trataron cos máis de 300 rapaces/zas que se achegaron ata o Centro foron as de Cambio Climático, co análise da causas, consecuencias, e a busca de solucións; coñecemento do medio natural, a través de experimentos científicos; e rutas ambientais e etnográficas pola Serra de San Mamede; co obxectivo final de lograr unha actitude de conservación a través da sensibilización e do coñecemento, fortalecendo ou creando unha conciencia ambiental.
|
Fecha: 24/06/08
Propietario: Amigos da Terra
11 elementos
(230 elementos en total)
|