080907 Voluntariado Corcerizas
Xornada de voluntariado en As Corcerizas para o mantemento das instalacións e coñecemento do entorno da Serra.
O traballo en equipo e o bo ambiente que ser respirou ao longo da fin de semana, fixeron posible importantes melloras no equipamento: restauración de madeira con tratamentos ecolóxicos, limpeza de camiños, arranxos na cuberta vexetal dos tellados, melloras no mobiliario do albergue, mantemento dos paneis fotovoltaicos, caleado das paredes da turbina…
Houbo tamén tempo para facer obradoiros de cociña (impresionantes as recetas de Tamara), de xabón a partires de aceite usado, masaxes con globos (unha idea xenial de Raquel), xogos... e o domingo, ruta ata Rebordechao e visita polas instalacións.
Amigos da Terra agradece a todos/as o esforzo, implicación na organización e ilusión por sacar o traballo adiante; asi como o apoio mostrado ao proxecto de As Corcerizas.
|
Fecha: 24/09/08
Propietario: Amigos da Terra
71 elementos
|