Portada Asesoría Xurídica
Asesoría Xuridica
O servizo xurídico de Amigos da Terra leva máis de 10 anos traballando de xeito gratuíto a prol da defensa do medio ambiente mediante a ferramenta da legalidade. Peixe morto no río ArnoiaOutórgase asesoramento xurídico e faise a tramitación legal necesaria para acadar o cumprimento da normativa ambiental tanto pola cidadanía, como pola empresa privada e pola propia Administración.

Este servizo xurídico actúa a instancia de parte cando é un particular o que precisa deste asesoramento. Faino en todo o tocante á defensa do contorno natural entendendo este, non só como a fauna e a flora,Destrucións forestais senón tamén como o patrimonio galego e a propia saúde das persoas. E actuará de oficio cando sexa a propia organización a que leve a cabo todas as investigacións tendentes a clarificar a existencia dunha agresión ambiental.

A dificuldade da comprensión da linguaxe xurídica e as propias trabas burocráticas coas que se atopa o cidadán á hora de pór en Tubeira no río Arenteirocoñecemento da Administración Pública e de Xustiza unha agresión ambiental, propiciou a necesidade de crear este servizo e facilitar, a través do mesmo, o acceso á equidade ambiental e aos instrumentos de defensa do medio ambiente para a poboación.

Amigos da Terra facilita non só un servizo gratuíto, senón tamén formularios de denuncia virtuais que manterán en completo anonimato ao denunciante, e un Manual Xurídico de doado manexo e fácil comprensión para achegar a todos e todas as claves para acadar un medio ambiente sostible.


A lexislación está feita para ser cumprida, e diso somos responsables todas e todos.
Amigos da Terra
 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.