Portada Axenda
Axenda Imprimir Escribir un correo electrónico help
Ver hoxe
Resto do mes
Mes anteior Día anterior
Día seguinte Mes seguinte
Carreira de San Mamede Desafío Solidario 2012
Domingo, 20 Maio 2012, 09:00
por  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Accesos : 42

cartaz_desafio_solidario2012_axendaSan Mamede Desafío Solidario 2012 é un evento deportivo organizado por Vía XVIII e a Cruz Vermella de Maceda que ten como obxectivo solidario deste ano, coa colaboración de Amigos da Terra, participar na reforestación da Serra de San Mamede a raíz da vaga de lumes do pasado outubro.

A proba terá lugar o día 20 de maio a partir das 9 da mañá e con saída dende Castro de Escuadro. Conta con tres modalidades de participación: marcha BTT, carreira e andaina, cunhas distancias de 44, 21 e 17 km respectivamente.

A cota de inscrición é de 16 €, dos cales 10€ se destinarán a sufragar os gastos que ocasiona a celebración do evento e 6€ irán, en concepto de donativo, á repoboación forestal da Serra de San Mamede; proxecto que levará a cabo Amigos da Terra a través do traballo con voluntariado.

 

Para máis información sobre a carreira e os percorridos nas diferentes modalidades Vía XVIII

Para formalizar a inscrición

Para participar como voluntaria/o contacta no 988 37 43 18 ou a través do correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Volver

Axenda de Amigos da Terra

Categorias

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.