Portada Presentación
Cambio Climático
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter
Para entender que é o cambio climático temos que pensar que a atmosfera terrestre funciona como un invernadoiro. A luz do sol penetra na atmosfera, choca contra o solo da Terra e a transforma en calor. Esta calor é absorbida polos gases efecto invernadoiro (GEI). Cantos máis GEI máis calor é absorbida e máis aumenta a temperatura. O resultado é que o clima cambia, traendo secas, chuvas torrenciais, máis furacáns, desertificación, perda de fertilidade do solo, desaparición de especies... xunto con serias crises económicas e sociais.

Entre os GEI o máis importante é o dióxido de carbono (CO2). A súa concentración aumentou máis dun 40% nos ultimos 150 anos, provocando un aumento da temperatura media en 0,74ºC. Ao final da última glaciación, co hemisferio norte cuberto de xeo, a temperatura era 5ºC menos que hoxe, o que dá conta da importancia dos cambios na temperatura.

As causas do cambio climático están sendo provocadas polo ser humano, coa queima de combustibles fósiles (petróleo, carbón e gas) para xenerar electricidade ou como carburantes no transporte, emitindo gases a un ritmo 10 veces superior á súa absorción polas plantas e océanos. (Máis info)

Os impactos do cambio climático xa os coñecemos:
  • Os inmensos glaciares do Himalaia desconxélanse, provocando enormes torrentes de auga que arrasan pobos enteiros e deixan ao seu paso longos períodos de secas
  • A desertificación de extensos territorios avanza (como no Mediterráneo)
  • Enfermidades como a Malaria e o Dengue pódense propagar
  • Ao aumentar o nivel do mar, miles de millóns de persoas que habitan próximas á costa ou en illas terán que emigrar... (Máis info)
Segundo as prediccións científicas, se continuamos co ritmo actual de emisións de GEI, en 50 anos a temperatura terá aumentado entre 2-3ºC. Un aumento por riba dos 2ºC tería consecuencias nefastas para a vida, e acadar os 6ºC suporía a destrución do 90% das especies vivas (incluída a nosa). A boa nova é que estamos a tempo de mitigar as consecuencias, cómpre acción para que mañá non sexa demasiado tarde. (Máis info sobre mitigación)

Amigos da Terra propón accións urxentes para loitar contra o cambio climático. É imprescindible manter o aumento medio da temperatura por debaixo dos 2ºC, e recortar as emisións de gases de efecto invernadoiro nos países industrializados polo menos nun 80% antes do 2050. Temos que liberar a nosa sociedade da dependencia dos combustibles fósiles e atopar formas de vida máis harmónicas co planeta, sustentadas no aforro e na eficiencia enerxética e no uso das enerxías renovables.

O Cambio Climático é unha área na que a asociación leva traballando desde 1997. Campañas internacionais como o DinoTour e Pave the Way levaron ás rúas a problemática coa finalidade de sensibilizar e concienciar a cidadanía. No 2008 púxose en marcha S.O.S. Clima unha campaña que pide unha necesaria acción da clase política para frear as emisións de CO2 anualmente.
 
O proxecto principal de Educación Ambiental centrado no cambio climático é A Aposta, unha campaña que pretende difundir e concienciar sobre a problemática ambiental máis seria que sofre o noso planeta, ofrencendo solucións aplicables na nosa vida cotiá.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
área de Cambio Climático
Plataforma por un Nuevo Modelo Energético
Coalición Clima

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.