Portada Campañas
Campañas de Residuos
Bolsas feitas con comida? Pero a quen se lle ocorre... Asina a Ciberacción!

Ciberaccion_bolsas_patata

 

Como solución para reducir o número de bolsas de plástico que levan anos contaminando os nosos ríos, bosques, mares e selvas, o Goberno Estatal sacou unha lei (Lei 22/2011) que propón a substitución destas bolsas non biodegradables por bolsas fabricadas a partir de produtos alimenticios.

¡Que gran idea!

Ou sexa, que agora nos imos a dedicar a cultivar para bolsas no lugar de alimentar ás persoas?

¡Que non nos tomen o pelo!

Asina agora e pide con Amigos da Terra unha xestión intelixente dos residuos.
En Amigos da Terra cremos que xa é hora de deixar de xerar residuos que a Terra non pode soportar e de consumir máis recursos dos que deberiamos.

 

Para iso, queremos:

Concienciar á poboación do importante que é realizar un consumo responsable
Esixir aos gobernos que xestionen os residuos adecuadamente
Apoiar alternativas sostibles que fagan posible o cambio...

Pero non podemos facelo sen o teu apoio…Úneste? Co teu pequeno donativo, resistimos! 

  Facer unha doazón.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Zona Libre de Bolsas

A campaña Zona libre de Bolsas, xurde de Amigos da Terra como unha campaña enfocada cara a  redución  e progresiva eliminación das bolsas dun só uso, e á sensibilización sobre as repercusions sociais e ambientais do uso excesivo destes elementos.

Pinchando nesta imaxe, poderás coñecer a campaña máis polo miudo, e formar parte dela.

E visitando o blog, podes ver todas as persoas que xa renuncian á bolsa dun so uso, e ideas para que ti o fagas tamén.

Declárate libre de bolsas!


invit_peq

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Galicia libre de bolsas de plástico!

A cidadanía apoia a prohibición das bolsas de plástico enviando a súa sinatura á Ministra de Medio Ambiente

Xa son mais de 2000 as sinaturas recollidas ata o momento por parte da cidadanía en favor da eliminación das bolsas de plástico. Esta campaña, de recollida de sinaturas contra as bolsas de plástico dun so uso, enmárcase dentro dun proxecto máis amplo levado a cabo pola área de residuos de Amigos da Terra, no que se realizan diferentes accións para promover e lograr a redución de residuos no noso país. Os residuos non biodegradables, como as bolsas de plástico, representan unha ameaza para a nosa contorna, e os cidadáns e máis en particular o goberno deben responsabilizarse da súa redución asegurando un medio ambiente saudable.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


área de Residuos
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.