Portada C.E.A. As Corcerizas
As Corcerizas
O Centro de Educación Ambiental As Corcerizas é un proxecto diferencial de Amigos da Terra, xa que parte da esperanza dunha base social significativa, que ao longo destes anos foi traballando sobre os principios e valores que un día motiváronnos a afrontar este reto. O reto de demostrar a viabilidade e importancia de poñer en práctica un proxecto educativo en total coherencia co equipamento.

 

ascorcerizas

 

As Corcerizas supón o reflexo do carácter construtivista de Amigos da Terra e representa o recurso fundamental para desenvolver as políticas da asociación, mostrando algunhas alternativas posibles para poñer freo aos máis graves problemas ambientais que afectan ao noso entorno local e global, demostrándoas desde a práctica e a acción, e facéndonos parte das propias solucións que aporta.

 

 

adultos02

 

O principio de coherencia marca a diferencia. A clave atópase en que o propio equipamento resulta un recurso educativo en si mesmo, conformando un único proxecto con maior capacidade de incidir eficazmente nos comportamentos desde o momento en que se converte nunha experiencia vivencial, baseándonos nunha educación ambiental de calidade, comprometida, crítica, activa, participativa, aberta e plural.

as-corcerizas_web_04

 

Co paso do tempo, e seguindo os obxectivos de Amigos da Terra, As Corcerizas vai madurando e orientándose cada vez máis cara a comunidade adulta, xa que é neste rango da sociedade onde reside a capacidade de decisión e presión sobre as políticas presentes e futuras, as que van a condicionar o panorama ambiental das próximas xeracións.

 

 

adultos03

 

A Educación Ambiental xoga hoxe en día un papel esencial para capacitar á acción a unha sociedade necesitada de permanente reflexión sobre os obxectivos que persegue, a sustentabilidade das estratexias que emprega para conseguilos, e da equidade do seu reparto e uso.

 

exerior03

 

Para ampliar información: www.ascorcerizas.com

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.