Portada
Boletín Amigos da Terra decembro 2009
Assunto: Boletín Amigos da Terra decembro 2009
Data de Envio: 2010-01-04 17:06:27
Edição N #: 8
Conteúdo:
Amigos da Terra

Boletín informativo de Amigos da Terra - Decembro 2009


Neste boletín:



INFO XERAL

Aquí tedes o derradeiro boletín do ano 2009 coas actividades máis destacadas da asociación durante o pasado mes de decembro e as actividades previstas para xaneiro. Dende Amigos da Terra queremos desexarvos a todos/as un moi Feliz 2010.

 

AS CORCERIZAS

Curso de voluntariado ambiental

As Corcerizas comeza o novo ano cun curso de voluntariado ambiental no centro de educación ambiental, no que participarán alumnos do I. E.S O Castro de Vigo, do vindeiro 11 ao 14 de xaneiro. Esta proposta é unha oportunidade para que os/as participantes adquiran unha visión integral da problemática ecosocial, capacitándoos para abordala e actuar, tendo en conta o papel do voluntariado como motor de cambio.

 

ASESORÍA XURÍDICA

10 de decembro: Día Internacional dos Dereitos dos Animais

Un ano máis, dende a asesoría xurídica de Amigos da Terra faise fincapé na necesidade do recoñecemento dos dereitos dos animais, un recoñecemento regulado na Declaración da Unesco de 1978. Pero a realidade está moi lonxe de acadar o mandato recollido pola Declaración, xa que na actualidade os dereitos dos animais continúan véndose transgredidos e usurpados polo ser humano. Amigos da Terra traballa dende o eido xurídico, na protección dos animais como suxeitos de dereito e, polo tanto, susceptibles de protexerse dende a lei.

Máis Iberdrola

A pesar do arquivo da denuncia por parte da Fiscalía de Ourense, Amigos da Terra continúa indagando no Estudo de Impacto Ambiental e verificando o cumprimento do inicialmente autorizado. Recentemente, denunciouse a incompatibilidade das obras da central Santo Estevo II e o turismo, xa que este, verase afectado no referente á navegación dos catamaráns, a lo menos durante 6 meses de tempada alta e Ano Xacobeo. A denuncia por falta de previsión de medidas correctoras recollidas na Declaración de Impacto Ambiental, tivo unha gran repercusión mediática o cal repercute nunha presión de cara a alertar á empresa explotadora.

091216_riosil

Vertido fecais no río Loña

Alberto Rivero, socio de Amigos da Terra, puxo en coñecemento da asesoría xurídica a existencia dun vertido fecal ao río Loña, mediante o envío de información e fotografías. Esta canle de comunicación dunha denuncia, é a idónea para que dende Amigos da Terra poidamos chegar a dar unha protección o máis ampla posible ao medio ambiente, denunciando as continuas ilegalidades que, en materia de vertidos, se producen.

Alegacións ao proxecto de obtención de electricidade mediante unha explotación xeotérmica en Baños de Molgas

Baños de Molgas caracterízase principalmente pola presenza do seu balneario de augas termais. A presentación destas alegacións responde ao posicionamento de Amigos da Terra en contra da autorización de investigación solicitada por unha empresa privada, para obter electricidade do subsolo, pondo en grave perigo as características das augas e a temperatura das mesmas e con elo, ao medio ambiente.

Cepos nos cabalos

Coa entrada e reestruturación do novo executivo galego, unha vez máis, Amigos da Terra denuncia a continua presenza de cabalos e eguas trabados nos montes. Esta denuncia fíxose conxuntamente co grupo Libera. Os medios de comunicación das Rías Baixas puxéronse en contacto co activista de Amigos da Terra, Antón Lois, para recoller na súa voz a denuncia.

Trancas-7

Explotación mineira en Segovia

Como sabedes Amigos da Terra ten o seu principal campo de actuación en Galicia. Pero neste caso, veciños de Arguete, en Segovia, puxéronse en contacto con nós, para asesorarse á hora de facer alegacións a un proxecto de ampliación das cuadrículas mineiras dunha explotación de lousa, dentro do Parque de Guadarrama. Ademais de outorgarlles dito asesoramento, púxose a situación en coñecemento doutros grupos ecoloxistas da zona para ampliar o campo de denuncia.

II asemblea da RADA

O pasado 18 e 19 de decembro, celebrouse a II asemblea da Rede de Avogados para a Defensa Ambiental. Quedou constituído o grupo Aarhus, do que Amigos da Terra será coordinador e elixiuse o logotipo, resultando gañador o realizado por Ángela Blanco, voluntaria de Amigos da Terra, entre máis de corenta logos. Aquí tedes o gañador.

rada

 

COOPERACIÓN

Actividades decembro

Durante o mes de decembro Amigos da Terra participou con diferentes propostas nas xornadas da Casa Solidaria que cada ano se celebran na Casa da Xuventude:

Exposición sobre o Golfo de Fonseca

Dende o 9 de decembro o local da Esmorga acolleu a exposición fotográfica “Olladas dende o Golfo de Fonseca”, na que se pretendeu amosar as accións que se desenvolven desde Amigos da Terra para actuar directamente sobre un sector vulnerable como o que representan os pescadores pobres desta área.

CIMG0358

Documental Tukki, a pegada ambiental

O día 10 realizouse na Casa da Xuventude a proxección do documental “Tukki, a pegada ambiental”, que significa viaxar en wolof. Reflicte a viaxe que se ve obrigado a emprender un mozo senegalés dende a súa aldea, ante a degradación do solo e a deforestación do seu entorno.

Charla de Agareso

Tamén na Casa da Xuventude tivo lugar o día 16, unha charla-coloquio baixo o título “Xornalismo comprometido no Golfo de Fonseca”, na que xornalistas de AGARESO ( Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), presentaron a súa experiencia durante as visitas aos proxectos de cooperación de Amigos da Terra, no Golfo de Fonseca, en Centroamérica.

091216_charlaagareso

Actividades xaneiro

Proxectos Nicaragua

Para o próximo mes de xaneiro, o martes día 12 ás 17:00 horas na Casa da Xuventude, está previsto que contemos coa presenza de Guillermo Rodríguez, responsable de Amigos de la Tierra en Nicaragua. Aproveitando a súa estancia no continente recibiremos información de primeira man dos proxectos que se están levando a cabo en Nicaragua apoiados pola nosa asociación; non só os xestionadas desde Galicia, senón tamén os proxectos tramitados desde o equipo de Madrid e Baleares.

 

RESIDUOS

Congreso sobre residuos

Os pasados 16, 17 e 18 de decembro participamos xunto coa FEG, no Congreso Transfronterizo Galicia Norte de Portugal na xestión e tratamento de RSU ( Residuos Sólidos Urbanos), celebrado en Vigo e no que nos fixemos oír en contra da incineración, opción defendida no congreso, e en prol da compostaxe. En breve, enviarémosvos un documento resumen coas conclusións máis importantes do mesmo.

Obradoiro de consumo responsable

A área de residuos en colaboración coa concellería de Medio Ambiente de Marín levou a cabo durante as pasadas festas, unha campaña de consumo responsable para o Nadal, na que a través de pequenos consellos e obradoiros de manualidades con refugallo, ensinamos aos cidadáns deste municipio pontevedrés, como botar unha man ao planeta tamén no Nadal e a replantearse o consumo desmesurado e insostible que facemos nestas datas.

091226_obradoiromarin

RECURSOS DISPOÑIBLES

Neste documento poderedes consultar unha listaxe con todos os recursos da asociación a disposición de todos os socios e socias.

 






Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense.

Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.