Portada
Saída polas ribeiras dos ríos da cidade de Ourense PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Angel Dorrio   
Mércores, 01 Febreiro 2012 20:22
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

dia_humedais_rio_minho2

 

Co gallo da conmemoración do 41 aniversario do Convenio Ramsar, un ano máis, en colaboración coa Aula de Natureza do río Miño da Concellería de Educación, a Concellería de Medio ambiente, e o naturalista Alberto Rivero Saeta querémosvos convidar á realizar unha saída  polas ribeiras dos ríos da cidade ao seu paso polo concello de Ourense.

 

A pesares de que a data oficial sería o 2 de febreiro, a saída está prevista para o domingo 5 de febreiro pola tarde.

 

Partiremos dende a Aula da Natureza do río Miño, ás 16:00 horas e tras un paseo, dunhas tres horas, polas ribeiras do Miño, o Loña e o Barbaña finalizaremos a nosa ruta no Barbaña á altura das hortas urbanas.

 

A data límite para anotarse será o venres día 3 de febreiro pola mañá, tanto por correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , como por teléfono no 988 374 318

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.