|
Amigos da Terra segue a traballar no fortalecemento dos grupos de pescadores artesanais en Nicaragua |
|
|
|
|
Escrito por Judith Sing
|
|
Martes, 05 Maio 2009 11:28 |
|
Nicaragua é o segundo país máis pobre de Latinoamerica por iso a axuda ao desenvolvemento e moi importante para contribuír á erradicación da pobreza e a mellora das condicións de vida das comunidades menos favorecidas. A presenza de Amigos da Terra en Nicaragua remontase fai vinte anos, nesta ocasión o traballo desenvolverase na Illa de Ometepe situada dentro do Lago de Nicaragua, a experiencia de traballo na Illa comeza desde o 2004 onde vimos desenvolvendo modelos comunitarios de turismo, apoiando procesos de produción sostible, incidindo no ordenamento do sector pesqueiro, incrementando a educación ambiental da poboación estudantil local, realizando actividades de recuperación de ecosistemas degradados, etc. Esta experiencia previa, e as alianzas locais, son a base para a construción desta nova proposta que a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Cooperación Exterior apoiaran para os próximos dous anos.
|
|
|
Unha Lei de Caza de Menores |
|
|
|
|
Escrito por Angel Dorrio
|
|
Luns, 02 Xaneiro 2012 18:01 |
|

Amigos da Terra califica como "grave síntoma de enfermedade social e institucional" a pretensión de rebaixar a 14 anos a idade para obter unha licenza de caza.
Dende Amigos da Terra rexeitamos absolutamente as propostas para a modificación da Lei de Caza e manifesta a súa preocupación polas delirantes xustificacións con as que se intenta argumentar.
|
|
Voluntarios Europeos colaboran con Amigos da Terra |
|
|
|
|
Escrito por Angel Dorrio
|
|
Martes, 14 Febreiro 2012 13:51 |
|

A asociación Amigos da Terra, acolle a dúas novas persoas voluntarias europeas ambas de Portugal: Marcos Matos de Oporto e Carla Trindade de Lisboa, que acaban de iniciar o seu voluntariado e permanecerán en Ourense durante 1 ano.
Os voluntarios súmanse aos distintos proxectos de información e educación ambiental que se desenvolven nos nosos centros.
|
|
|
Un vertedeiro tóxico ilegal ameaza a salubridade do Rio Barbaña e os solos de San Cibrao das Viñas |
|
|
|
|
Escrito por Angel Dorrio
|
|
Mércores, 08 Febreiro 2012 21:20 |
|

Toneladas de ferralla, deterxentes, plásticos, bidóns de pintura, entre outros residuos tóxicos, foron desenterradas a finais de xaneiro nas inmediacións da nave da empresa Industrias Químicas Gallegas S. A., en San Cibrao das Viñas; nunha investigación aínda aberta na que participaron axentes da garda civil, persoal da Consellería de Medio Ambiente e a Confederación Hidrográfica Miño Sil.
|
|
Amigos da terra súmase ás actividades da xornada estatal antinuclear |
|
|
|
|
Escrito por Maria Durán
|
|
Venres, 09 Marzo 2012 14:19 |
|

No aniversario da catástrofe de Fukushima, Amigos da Terra súmase as actividades da xornada estatal antinuclear,organizada pola coordinadira estatal anti-nuclear, cunha accion simbólica de encendido de velas e exposición de lemas antinucleares conmemorando o aniversario do accidente.
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 1 de 173 |