Portada Presentación
Consumo Sustentable
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter
O sistema económico internacional está baseado no consumismo, e os propios gobernos están controlados polas multinacionais. O impacto da globalización fai moi difícil atallar a problemática ambiental, sobre todo no nivel local, deste xeito dende Amigos da Terra consideramos esta área de vital importancia.

Comercio xusto
Se aínda non coñeces esta iniciativa, aquí tes unha grande oportunidade para achegarte. O comercio xusto nace como unha alternativa ó comercio internacional, garantindo ós grupos de agricultores e artesáns de terceiros países un salario digno, a inexistencia de explotación infantil e da muller, respecto ó medio ambiente e establecemento de relacións a longo prazo con pagamentos por adiantado.
Ademais, as cooperativas de produtores invisten parte dos beneficios obtidos en educación, saúde e todo o que contribúa a mellorar a comunidade.
Que facemos nós? Nun principio tiñamos unha pequena tenda de produtos de Comercio Xusto no Centro Iris, pero nestes intres no que máis estamos a traballar é en proporcionar información ós cidadáns e mesmo realizamos obradoiros de educación para a paz no que se refire a esta temática.
Transxénicos
Sabes que é un Organismo Manipulado Xeneticamente?, coñeces os posibles riscos que poden existir neste tipo de produtos?, gustaríache saber se o que comes sufriu esta manipulación ou non?, queres saber que cadeas comerciais venden estes produtos?
O noso grupo de transxénicos podería axudarche a resolver as múltiples dúbidas que poidas ter e ademais ofréceche a oportunidade de esixir os teus dereitos como consumidor. O grupo de transxénicos tamén ten unha tarefa informativa.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
área de Consumo Sustentable
Plataforma contra as Fumigacións
Plataforma Galega Antitransxénicos
Un Café Xusto, Por Favor!

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.