|
Amigos da Terra comeza a súa andaina no eido da cooperación hai uns cinco anos, xa que antes o seu traballo neste tema baseábase no seguimento e avaliación de proxectos que se levaban a nivel estatal, ademais algunhas accións como voluntariado en cooperación, intercambios e comercio xusto eran a base da súa cooperación.
É así que desde o ano 2004 propúxose a idea de descentralizar o área de cooperación da organización estatal, para participar en todo o proceso que implica un proxecto de cooperación ao desenvolvemento (identificación, elaboración, seguemento, avaliación e sensibilización), considerando a sensibilización como unha parte importante para que a poboación coñeza o que se está a facer nos países menos desenvolvidos e que se considere a cooperación como unha forma de erradicar a situación de pobreza e degradación ambiental que existe na actualidade.
A liña que carateriza a Amigos da Terra é a visión que ten sobre a cooperación, na que trata que os proxectos sexan integrais, incluíndo aspectos de melloras económicas, sociais e medioambientais, o noso fin último na cooperación é lograr que as institucións e as organizacións que traballan na cooperación poidan incluir este aspecto sin que sexa un párrafo añadido so para cumprimentar un formulario, ao contrario queremos que se asegure a sostibilidade dos proxectos e dos fondos que se asignan, a través da implicación total das comunidades beneficiarias e de que saíbamos que non existe verdadeiro desenvolvemento sen preservar e mellorar as bases na que se sustenta e tampouco e posible manter a saúde da biosfera sen garantir o desenvolvemento integral (social, económico, cultural) da sociedade humana.
O noso ámbito de actuación céntrase en Centroamérica, na actualidade en Nicaragua e O Salvador, pero sen esquecer a sensibilización no ámbito galego. Os proxectos que desenvolvemos son:
- Sensibilización en Galiza a todos os niveis ensinando sobre a importancia da cooperación e as maneiras de participar. [+ info]
- Reconversión dos cortadores de mangles no Estero Real, Golfo de Fonseca, Nicaragua. [+ info]
- Desenvolvemento de accións de Manexo na área Protexida de Bahía da Unión, O Salvador. [+ info]
- Promoción dos Grupos Vulnerables e melloras medioambientais no Municipio de Villa El Carmen e san Rafael do Sur, Nicaragua. [+ info]
[...]
Poderás atopar máis información sobre os programas de Cooperación que desenvolve Amigos da Terra nas webs especificas para esta área de traballo:
Cooperación - Amigos da Terra 2006 / 2009 Cooperación - Amigos da Terra 2013...
 

 
 
|