Residuos
Documentos da área de traballo do grupo de Residuos.
DocumentsDate added
Dende Amigos da Terra, propomos que sexamos un pouco máis conscientes este Nadal. Como consumidores/as, debemos botar unha man ao planeta, e levar a cabo, pequenas medidas, que o transformarán nun Nadal máis responsable. Como medida novidosa deste ano, lanzamos o noso "Certificado de exención de agasallo". Consiste nunha tarxeta que cada un de nós pode asinar, e na que se compromete a non recibir un agasallo material este Nadal.
Fabrica o teu propio composteiro dun xeito sinxelo, en pouco tempo e con materiais reutilizados.
Queres xestionar dun modo sinxelo, os teus propios residuos orgánicos e obter un abono de calidade?
Aquí tes un Manual básico de compostaxe para aprender a facelo; proba, A Compostaxe funciona!
Documento de Posicionamento de Amigos da Terra sobre as bolsas dun so uso.
Documento de alegacións de Amigos da Terra ao Novo Plan de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia
06/17/2009
Hits: 244
O informe “Propostas para unha xestión preventiva e sostible dos residuos sólidos urbanos en Galicia”, xurde co obxectivo de ofrecer a este novo goberno, propostas sostibles para unha axeitada xestión dos residuos sólidos urbanos na nosa comunidade.
Pequena guía para saber qué depositar en cada contedor e poder contribuir así a unha separación selectiva de calidade.
Guía sinxela con alternativas e propostas responsables para este Nadal
Neste documento podense atopar as conclusións extraidas no vixésimo encontro de "Amantes do Lixo", no que participaron un centenar de persoas que representaban a grupos ecoloxistas e ambientais, entidades recuperadoras de economía social e grupos de educación ambiental entre os que se atopaba Amigos da Terra.
Publicación elaborada por Amigos da Terra Europa e a EEB (oficina Europea de Medio Ambiente) acerca de como a redución de residuos e a reciclaxe poden disminuir as emisións de CO2 e por tanto frear o cambio climático.
Documento de síntese feito pola EEB e Friends of the Earth Europe sobre a nova Directiva Marco de Residuos.
A Asociación Amigos da Terra Galiza – Xuventude na área de residuos ten como obxecto a promoción da xestión sostible dos residuos sólidos urbanos xerados en Galiza.
09/12/2008
Hits: 705
Documento de Posicionamento conxunto: Amigos da Terra, Adega, Coto do Frade, Federación Ecoloxista Galega, Verdegaia, Ridimoas, Foro Social “Temos dereito a Saber”.
Manual de Compostaxe doméstica de Amigos da Terra.
Documento de Posicionamento da area de residuos de Amigos da Terra sobre os residuos sólidos urbans.
Manual para o Fogar. O problema dos residuos é un dos principais problemas ambientais actuais da nosa sociedade ¿sabes por que?: É a nosa cultura de “usar e tirar” a que fai que a xeración dos residuos se incremente de maneira constante.

