| [ANOSATERRA.ORG] Amigos da Terra pide que as empresas implicadas respondan pola 'desfeita ambiental' en Vigo |
| Venres, 12 Setembro 2008 00:00 |
|
Redacción. A asociación ecoloxista Amigos da Terra requiriulle hoxe ao Concello de Vigo que lle aplique ás once empresas instaladas na nave industrial do Gorxal o principio 'quen contamina, paga'. Nun comunicado, a asociación ecoloxista Amigos da Terra apunta que as verteduras ao río Lagares e á praia de Samil teríase evitado se as empresas emprazadas no polígono vigués do Gorxal cumprisen coas normas que regulan este tipo de instalacións, xa que só unha delas tiña a licenza correspondente. Fonte: anosaterra.org |




