|
sección As Corcerizas -
Novas
|
|
Xoves, 25 Abril 2013 17:00 |
|
Está aberta a inscrición para o Campo de traballo internacional que levaremos a cabo no verán, do 1 ao 12 de agosto en As Corcerizas.
Amigos da Terra abre un espazo participativo para a formación práctica en bioconstrución a través de traballos colectivos que nos mostren como empregar materiais ecolóxicos para minimizar os impactos que xeneramos coa nosa forma de vida. Combinaremos estas actividades con outras relacionadas coa conservación do contorno natural e tamén con obradoiros, excursións, dinámicas grupais, etc. Apúntate a este espazo de reflexión e acción!
AMPLIAR INFORMACIÓN
|
|
área de Cooperación -
Novas
|
|
Mércores, 24 Abril 2013 11:13 |
|
Amigos da Terra convídache a participar nunha horta urbana en Ourense. Da man do produtor ecolóxico Jacobo Ojea, tentaremos mellorar o proxecto de horta comunitaria que iniciamos fai xa uns meses. Para elo, organizamos este sábado día 27 unha xornada de traballo na parcela onde, ademais de sementar, analizaremos e decidiremos en grupo qué cultivar, cómo traballar e regar a terra ou cómo optimizar o rendemento da mesma.
|
|
área de Residuos -
Novas
|
|
Venres, 19 Abril 2013 10:19 |
|
Representantes da Comisión Promotora da ILP "Para a aplicación efectiva dos 3R en Galicia" vimos de reuirnos co grupo parlamentar do PP para lle demandar un posicionamento a favor da toma en consideración desta iniciativa. Pedro Puy, voceiro parlamentar do PP, comprometeuse cando menos a non demorar a inclusión na orde do día do Pleno, e a que a ILP da reciclaxe sexa debatida denantes do verán.
|
|
sección As Corcerizas -
Novas
|
|
Xoves, 18 Abril 2013 11:22 |
|
Coa participación neste curso desenvolverás a capacidade técnica necesaria para poder acometer con éxito a construción, mantemento e xestión dun sistema de depuración doméstico sustentable.
Coa idea de identificar a opción máis apropiada, os días 25 e 26 de maio o profesional Javier Santiago exporá as bases da fitodepuración e presentará alternativas viables para poder construir e autoconstruir o noso propio filtro.
O prezo do curso é de 75€; consulta o programa e apúntate!
AMPLIAR INFORMACIÓN
|
|
área de Consumo Sustentable -
Novas
|
|
Mércores, 17 Abril 2013 17:10 |
|
Hoxe mércores 17 de abril, Día Internacional das Loitas Campesiñas, continuamos a nosa labor de solicitude de "Zona Libre de Transxénicos" nos concellos galegos, cun acto reivindicativo. Activistas de Amigos da Terra disfrazadas de mazorcas, entregamos por rexistro a solicitude para declarar a Vigo como Zona Libre de Tranxénicos.
|
|
área de Consumo Sustentable -
Novas
|
|
Luns, 15 Abril 2013 17:59 |
|
Amigos da Terra celebramos xunto con outras organizacións en todo o Estado a V Semana de Loita contra os Transxénicos e pola Soberanía Alimentaria. O mércores 17 de abril, Día Internacional das Loitas Campesiñas, continuamos a nosa labor de solicitude de "Zona Libre de Transxénicos" nos concellos galegos, cun acto reivindicativo no Concello de Vigo.
Ademais, promovemos como alternativa a defensa da soberanía alimentaria, convidándovos a participar na horta comunitaria en Ourense, o sábado 27 de abril.
|
|
área de Conservación e Usos da Terra -
Novas
|
|
Luns, 15 Abril 2013 09:08 |
|
Con motivo da celebración do Día da Terra, a Plataforma Cidadá Ríos Limpos, da que forma parte Amigos da Terra, levara a cabo unhas xornadas para visibilizar as desfeitas que supoñen as obras do AVE na provincia de Ourense.
As obras do AVE están destruíndo o patrimonio natural, a etnografía, o patrimonio cultural...coa permisividade e desleixo das distintas administracións públicas.
|
|
área de Cooperación -
Novas
|
|
Xoves, 11 Abril 2013 16:40 |
|
O incremento dos prezos dos alimentos, que provocou a gran crise alimentaria de 2008 e que tivo repuntes nos anos 2011 e 2012 ven dado por diversos factores que inflúen directamente na oferta e na demanda dos mesmos tales como o clima, o prezo do petróleo ou a especulación financeira no sector alimentario. As investigacións mais recentes identifican tamén os cultivos de agrocombustibles como un elemento decisivo neste incremento
|
|
sección As Corcerizas -
Novas
|
|
Luns, 08 Abril 2013 19:15 |
|
Este curso, programado para o 20 e 21 de abril, capacitarate para realizar e mellorar imaxes e recursos comunicativos que habitualmente forman parte imprescindible de trípticos, informes, cartelería, etc; e que no día día, compartimos a través das nosas webs, blogs e redes sociais. O obxectivo é axudarte a comunicar mellor a través da fotografía, de forma máis clara e certeira.
AMPLIAR INFORMACIÓN
|
|
|