|
Asociación -
Novas
|
|
Venres, 22 Febreiro 2013 14:40 |
|
Nun contexto no que tanto os dereitos sociais coma ambientais se están a pisar sen ter en conta a cidadanía, Amigos da Terra considera indispensable unirse ao clamor e descontento social, como en ocasións anteriores.
|
|
|
sección As Corcerizas -
Novas
|
|
Mércores, 20 Febreiro 2013 10:10 |
|
En Amigos da Terra apostamos por unha educación ambiental de calidade, e por iso desenvolvemos este Campamento de Natureza en As Corcerizas, onde ademais do propio disfrute das actividades aportase unha experiencia vivencial de alto valor.
Do 1 ao 10 de xullo serán protagonistas os mozos e mozas de 10 a 14 anos! Disfrutarán de variadas actividades educativas e divertidas, cun programa en permanente contacto coa natureza.
AMPLIAR INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
|
|
área de Residuos -
Novas
|
|
Sábado, 16 Febreiro 2013 12:03 |
|
Un novo estudo de Amigos de la Tierra sinala que Europa está a xestionar recursos naturais de forma insostible. O informe pon de relevo que o vello continente desbota materiais valiosos en incineradoras e vertedoiros.
|
|
sección Voluntariado Europeo -
Novas
|
|
Xoves, 07 Febreiro 2013 20:47 |
|
Amigos da Terra acolle a un novo voluntario europeo chegado dende Italia, Cesare Tedesco, que acaba de iniciar o seu voluntariado esta semana e permanecerá en Ourense durante os próximos dez meses. Cesare Tedesco súmase aos distintos proxectos e campañas de información e educación ambiental que se desenvolven nos nosos centros, colaborando principalmente no Centro de Educación Ambiental " As Corceirzas".
|
|
área de Residuos -
Novas
|
|
Martes, 05 Febreiro 2013 19:07 |
|
Retorna denuncia a falta de transparencia do Ministerio ao non revelar cantos son, onde están e quen xestiona os vertedoiros que incumpren a normativa.
Europa censura a ineficiencia do Ministerio de Medio cos vertedoiros.
|
|
área de Residuos -
Novas
|
|
Martes, 05 Febreiro 2013 17:06 |
|
Neste día, membros da comisión promotora da ILP "PARA A APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA" fixemos entrega no Parlamento de máis de 21.000 sinaturas en apoio desta iniciativa. Trátase de darlle forza xurídica á xerarquía dos "3R" consagrada pola normativa actual, para que sexa realmente de obrigado cumprimento.
|
|
área de Conservación e Usos da Terra -
Novas
|
|
Xoves, 31 Xaneiro 2013 17:54 |
|
Co gallo da conmemoración do 42 aniversario do Convenio Ramsar, celebramos un ano máis o día dos humedais, en colaboración coa Aula de Natureza do río Miño da Concellería de Educación, a Concellería de Medio ambiente, e o naturalista Alberto Rivero Saeta e querémosvos convidar á realizar unha saída polas ribeiras dos ríos da cidade ao seu paso polo concello de Ourense, para o sábado 2 de febreiro pola maña.
|
|
área de Residuos -
Novas
|
|
Mércores, 30 Xaneiro 2013 11:22 |
|

Amigos da Terra levou a cabo onte un obradoiro sobre compostaxe para alumnos/as de 1º da ESO do CPR Monterrey de Vigo. Depois de reflexionar acerca da problemática e o ciclo dos residuos e a contaminación derivada do seu procesamento, rapaces e rapazas construiron colectivamente dous composteiros artesanais.
|
|
sección Asesoría Xurídica -
Denuncias
|
|
Luns, 28 Xaneiro 2013 22:51 |
|
A Plataforma Cidadá Rios Limpos, da que forma parte Amigos da Terra, ven de solicitar os datos recollidos pola Deputación Provincial de Ourense nas "estacións de control de verquidos" instaladas fai un ano para o control da contaminación e verquidos dos polígonos/parques empresariais de Pereiro de Aguiar, Parque Tecnolóxico de Galicia, San Cibrao das Viñas e Barreiros. Todo elo dentro do Plan de Control de Verquidos presentados fai un ano e que tivo un investimento de diñeiro público de 804.000 euros.
|
|
área de Cooperación -
Novas
|
|
Xoves, 24 Xaneiro 2013 17:52 |
|

Continuando o traballo de divulgación sobre problemáticas alimentarias, Amigos da Terra achega nesta ocasión un interesante documental sobre a situación do cultivo de alimentos transxénicos en España. "Sementes escravas", producido por RTVE en 2010, analiza a realidade deste tipo de cultivos a través do exemplo do maíz transxénico de Monsanto MON 810, cuxo cultivo foi autorizado pola UE fai máis de dez anos aplicando, segundo denuncian os grupos ecoloxistas, unha directiva con baixos niveis de seguridade.
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 5 de 102 |