|
sección Asesoría Xurídica -
Denuncias
|
|
Venres, 18 Xaneiro 2013 20:09 |
|
A Plataforma Ríos Limpos, da que forma parte Amigos da Terra, presentou alegacións ao aproveitamento hidroeléctrico reversible da Central Salas-As Conchas, ao considerar que non se non se atopa entre as actuacións do vixente Plan Hidrolóxico, xa que neste momento está en proceso de elaboración o novo Plan Hidrolóxico 2010-2015 da conca Miño-Sil e ata que sexa aprobado definitivamente non se deben autorizar concesións de aproveitamento hidroeléctrico que vaian en contradición co dito Plan Hidrolóxico.
|
|
|
Asociación -
Novas
|
|
Mércores, 16 Xaneiro 2013 12:58 |
|

O pasado día 04 de xaneiro, Amigos da Terra celebrou as festas de nadal en conxunto con Entreculturas e Educación Sen Fronteiras, entidades compañeiras coas que comparte local en Vigo, mediante un acto de plantación como símbolo de continuidade da vida. O lugar escollido foi o Castro de Vigo e as árbores, tres exemplares de loureiro (un por cada organización).
|
|
área de Residuos -
Novas
|
|
Mércores, 16 Xaneiro 2013 10:56 |
|
Esta semana estaremos no Edificio politécnico da Universidade Vigo en Ourense, recollendo sinaturas para a aprobación dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a aplicación efectiva dos principios de redución, reutilización e reciclaxe de residuos en Galiza.
Para dar a coñecer o texto e impulsar a recollida de sinaturas estaremos o mércores día 16, Xoves 17 e venres 18. Pasate a asinar!
|
|
sección Voluntariado Europeo -
Novas
|
|
Luns, 14 Xaneiro 2013 12:52 |
|
Amigos da Terra acolle a unha nova voluntaria europea chegada dende Francia, Florence Dovillez, que acaba de iniciar o seu voluntariado esta semana e permanecerá en Ourense durante os próximos oito meses.
Florence Dovillez, súmanse aos distintos proxectos e campañas de información e educación ambiental que se desenvolven nos nosos centros, colaborando principalmente no Centro de Educación Ambiental " As Corceirzas".
|
|
área de Cooperación -
Novas
|
|
Venres, 11 Xaneiro 2013 15:35 |
|

A CGONGD denuncia a decisión da Xunta de non convocar novas convocatorias de proxectos para o ano 2013. Os orzamentos deste ano detinados á cooperación ao desenvolvemento reduciranse un 38% Non se adicarán fondos a novas convocatorias de proxectos de cooperación exterior, nin de microproxectos.
|
|
área de Residuos -
Novas
|
|
Xoves, 10 Xaneiro 2013 09:48 |
|
Preto xa do peche da “Campaña de Recollida de Sinaturas,” durante os días 11 e 12 de Xaneiro, terá lugar unha nova recollida de sinaturas nas rúas de toda Galicia por parte de diversos colectivos e integrantes da Comisión Promotora da ILP contra a incineración.
|
|
sección As Corcerizas -
Novas
|
|
Venres, 28 Decembro 2012 10:54 |
|
Dende a Rede de Montañas, da que formamos parte, queremos transmitir unha mensaxe de entrada no 2013 para todas as persoas amigas das montañas: se as montañas te fan feliz, DALLES ALGO A CAMBIO!! Hai tanto que facer...!
Dámosche algunhas ideas... comparte as túas!
|
|
área de Conservación e Usos da Terra -
Novas
|
|
Venres, 21 Decembro 2012 22:20 |
|
A sociedade española pide á Comisión Europea que reaccione fronte ao modelo español de política hidrolóxica.
80 organizacións representantes da sociedade civil española, fan un chamamento á Comisión Europea para que avalei a compatibilidade da política hidrolóxica española cos obxectivos desta directiva.
|
|
área de Cooperación -
Novas
|
|
Venres, 21 Decembro 2012 16:00 |
|
A Coordinadora Galega de ONGD, entidade que a aglutina a 47 ONG de Desenvolvemento, esixe ao Partido Popular de Galicia que cumpra os seus compromisos electorais de loita contra a pobreza. O novo goberno será o encargado de deseñar dende a Xunta de Galicia as políticas públicas dos vindeiros catro anos, entre elas, a de cooperación ao desenvolvemento.
|
|
área de Cooperación -
Novas
|
|
Xoves, 20 Decembro 2012 16:33 |
|
A Alianza Social Galega, plataforma formada por organizacións e entidades que representan á sociedade civil galega, entre elas Amigos da Terra que se integra a través da Coordinadora Galega de ONGD, convoca este xoves día 20 de decembro distintas concentracións en Galicia para denunciar recortes e as políticas antisociais aprobadas e postas en marcha polos gobernos galego e español.
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 6 de 102 |