|
área de Residuos -
Novas
|
|
Martes, 20 Novembro 2012 14:28 |
|
Un ano máis ten lugar a Semana Europea de Prevención de Residuos, aínda que máis que de prevención, gústanos falar de redución para pór o acento onde é máis necesario. Por este motivo desde Amigos da Terra a renomeamos como a Semana Europea de Redución de Residuos.
Este ano, reducíronse os residuos xerados en Galicia e en todo o estado, pero non foi por efecto das campañas de educación ambiental, nin polo cambio no modelo de consumo, nin polas mellores prácticas das empresas.. non, foi pola crise económica que rebaixou o consumo e, polo tanto, a xeración de residuos reducise nun 2%.
|
|
|
área de Cooperación -
Novas
|
|
Luns, 19 Novembro 2012 18:42 |
|

Amigos da Terra convídavos a participar na Mesa de Experiencias que ten como obxectivo achegar á poboación as principais problemáticas que, a nivel global se dan no eido da alimentación, así como as alternativas que ofrece a agricultura ecolóxica e local, tanto no Norte coma no Sur.
|
|
Asociación -
Novas
|
|
Martes, 13 Novembro 2012 11:15 |
|
Amigos da Terra apoia a folga xeneral cidadá do próximo 14 de novembro. Unha vez máis a organización ecoloxista únese á sobra para defender un modelo de sociedade que non esgote o planeta.
|
|
área de Cooperación -
Novas
|
|
Venres, 09 Novembro 2012 15:05 |
|

A exposición fotográfica "O Golfo de Fonseca: a loita por un futuro sostible" que Amigos da Terra elaborou en conxunto con Agareso poderá disfrutarse ata o 31 de decembro no Aeroporto de Vigo, nun espazo habilitado na nova terminal.
|
|
área de Cambio Climático -
Novas
|
|
Mércores, 07 Novembro 2012 19:22 |
|
Con motivo da reunión que os expertos do Panel Intergubernamental de Cambio Climático (IPCC) están a celebrar esta semana en Vigo, Amigos da Terra, Greenpeace e Verdegaia organizan, xunto coa Coalición Clima, unhas xornadas sobre as repercusións da mudanza climática a nivel local e global. As xornadas celebraranse o xoves 08 e venres 09 de novembro no centro de Vigo. Consulta a programación e non dubides en participar
|
|
área de Cambio Climático -
Novas
|
|
Luns, 05 Novembro 2012 17:44 |
|
Organizacións da sociedade civil esixen medidas urxentes para afrontar o cambio climático ante a reunión do Panel Intergubernamental en Vigo.
Baixo o lema "a ciencia fala, os gobernos non actúan", organizacións da sociedade civil denunciaron hoxe en Vigo a inacción dos líderes mundiais ante o cambio climático. Os expertos da ONU, que se reúnen na cidade galega, sinalan a actividade humana como a causa principal dos graves impactos do calentamento global.
|
|
área de Cambio Climático -
Novas
|
|
Domingo, 04 Novembro 2012 11:25 |
|
Dende os colectivos Amigos da Terra, Coalición Clima, Greenpeace e Verdegaia convidamos a toda a cidadanía a un acto de rúa que terá como obxectivos, por unha banda, visibilizar o importante acontecemento de contar co IPCC (Intergovernmental Panel on Climate Change ou Pannel Intergovernamental sobre Cambio Climático) na cidade de Vigo e, por outra, demandar aos gobernos maior compromiso nas súas accións tendo en conta o que a ciencia advirte sobre esta importante problemática global que nos afecta.
|
|
área de Residuos -
Novas
|
|
Xoves, 25 Outubro 2012 12:43 |
|
Os produtos da Praza na bolsa da casa impulsará a redución de bolsas dun só uso no comercio da Praza de Abastos de Ourense.
Trátase dunha inciciativa novedosa estreada hoxe mesmo na cidade de Ourense, que xunta a varios axentes: A Concellería de Limpeza e xestión de residuos, a Organización ecoloxista Amigos da Terra, A Concellería de Voluntariado e a Praza de Abastos da cidade; nunha campaña de información e sensibilización, dirixida tanto tanto a comerciantes como a consumidores, para reducir, e progresivamente eliminar, o consumo de bolsas dun só uso.
|
|
área de Cooperación -
Novas
|
|
Mércores, 24 Outubro 2012 16:45 |
|
Amigos da Terra asinou esta mañá en Santiago un convenio de colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A entidade municipalista cofinanciará un proxecto no Golfo de Fonseca nicaragüense, rexión na que Amigos da Terra leva anos traballando.
|
|
área de Residuos -
Novas
|
|
Xoves, 18 Outubro 2012 09:08 |
|
Amigos da Terra participará esta semana no ciclo de cine Ambiental e social, organizado pola Universidade de Vigo, Campus de Ourense, no que dinamizaremos o documental "Comprar, tirar, comprar".
Falaremos de obsolescencia programada, de esgotamento de recursos naturais, de consumismo e xestión de residuos, provocando un debate entre os universitarios asistentes e pretendendo sensibilizar na necesidade de un novo modelo de consumo baseado na responsabilidade ambiental e social, como persoas e como colectivo.
Descargar programa aquí .
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 8 de 102 |