|
área de Cooperación -
Novas
|
|
Luns, 15 Outubro 2012 11:16 |
|

Os recortes producen pobreza. Baixo este lema, convócase á cidadanía a unha concentración que terá lugar o próximo mércores 17 de outubro ás 20:15 horas na Porta do Sol en Vigo. Previamente, desde as 19:00 h representarase a obra de teatro na rúa "Pobreza 0,0". Estes actos enmárcanse dentro da campaña Pobreza Cero, organizada dende a Coordinadora Galega de ONGD.
|
|
|
área de Cooperación -
Novas
|
|
Xoves, 11 Outubro 2012 08:34 |
|

A ONG Intervida, a Comisión de Educación para o Desenvolvemento da Coordinadora Galega de ONGD, na que Amigos da Terra está integrada, e a Universidade de Santiago de Compostela organizan os vindeiros días 19, 20 e 21 de outubro as I Xornadas Galegas de Educación para o Desenvolvemento baixo o epígrafe "Educar para a cidadanía global: discursos, ferramentas e experiencias para o cambio social".
|
|
sección As Corcerizas -
Novas
|
|
Martes, 09 Outubro 2012 12:47 |
|
Ábrese o prazo de inscrición para as actividades escolares!
Cada centro educativo poderá escoller entre 3 Programas diferentes segundo o tema de interese, a desenvolver nos meses de marzo a xuño.
Os Programas está dirixidos a alumnado de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos, e desenvolveranse en As Corcerizas e arredores do Macizo Central Ourensán
|
|
sección As Corcerizas -
Novas
|
|
Venres, 05 Outubro 2012 18:17 |
|
A fin de semana do 27-28 de outubro levaremos a cabo en As Corcerizas un curso sobre sistemas eficientes de calefacción.
Nesta formación, eminentemente práctica e cun número de particpantes reducido, realizaremos dous muros radiantes con barro crú; mecanismo que permite unha captación corporal de temperatura superior que nos solos radiantes.
|
|
área de Cooperación -
Novas
|
|
Venres, 05 Outubro 2012 13:28 |
|
Co anuncio aínda recente das previsións dos Orzamentos Xerais para 2013, que recortan de novo as partidas de cooperación e contribúe ao desmantelamento da AOD en España, a resolución publicada no BOE do pasado 28 de setembro, pola que se convoca a concesión de subvencións para actividades no marco do Plan Director da Cooperación a fundacións dependentes de partidos con representación parlamentaria, parece toda unha declaración de intencións e a enésima mostra de cales son as prioridades orzamentarias.
|
|
sección Asesoría Xurídica -
Denuncias
|
|
Xoves, 04 Outubro 2012 10:07 |
|
As verteduras prodúcense en espazos naturais protexidos.
A asociación ecoloxista acaba de presentar ante a delegación Provincial da Consellería de Medio ambiente, o SEPRONA e a Policía Autonómica senllas denuncias por vertedoiros incontrolados na parroquia de Casa da Veiga, no Concello de Vilar de Santos.
|
|
sección As Corcerizas -
Novas
|
|
Mércores, 03 Outubro 2012 09:34 |
|
Pasada a data simbólica da celebración do 10º Aniversario queremos agora compartir con todos/as vós, algúns dos momentos desta grata fin de semana asi como unha visión da traxectoria do proxecto dende os seus inicios ata a data presente.
|
|
área de Cooperación -
Novas
|
|
Luns, 01 Outubro 2012 17:36 |
|
No marco do traballo de difusión e sensibilización que Amigos da Terra está a desenvolver no eido da soberanía alimentaria, queremos tratar desta vez a problemática da especulación alimentaria e as súas consecuencias nos países empobrecidos.
|
|
sección As Corcerizas -
Novas
|
|
Venres, 28 Setembro 2012 14:09 |
|
Baixo o lema "10 anos compartindo alternativas! celébrao con nós", a Asociación ten programada unha fin de semana formativa e lúdica para compartir con socios/as e simpatizantes.
10 anos de traxectoria son motivo de orgullo e satisfacción para a Asociación e para todas as persoas implicadas na posta en marcha e desenvolvemento do proxecto, que ao longo destes anos foron traballando sobre os principios e valores que un día motivaron a afrontar este reto. O reto de demostrar a viabilidade e importancia de poñer en práctica un proxecto educativo en total coherencia co equipamento.
|
|
sección Asesoría Xurídica -
Denuncias
|
|
Venres, 28 Setembro 2012 08:54 |
|
Miguel, de 72 anos de idade, foi detido cunha desproporcionada brutalidade ao finalizar a manifestación fronte ao congreso dos deputados o pasado día 25. Neste momento segue retido en dependencias policiais.
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 9 de 102 |