Portada NOVAS Amigos da Terra continuará desenvolvendo o proxecto de "As Corcerizas" 10 anos máis
Amigos da Terra continuará desenvolvendo o proxecto de "As Corcerizas" 10 anos máis
Escrito por Angel Dorrio   
Sábado, 16 Xuño 2012 13:00
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

sinatura_deputacion_ourense_prorrogaAsCorcerizas Amigos da Terra asinamos onte coa Deputación de Ourense a prórroga para a xestión das instalacións de As Corcerizas ata o ano 2022, supondo 10 anos máis de oportunidades para lograr cambios proactivos na sociedade, fiando redes para un cambio de modelo.

 

Dende Amigos da Terra levamos desenvolvendo o noso proxecto educativo en As Corcerizas dende o ano 2002, cumprindose precisamente este ano o 10 anivesario.

 

A traxectoria destes anos é unha garantía de continuidade para a asociación, que ao longo destes anos foi traballando sobre os principios e valores que un día motiváronnos a afrontar este reto. O reto de demostrar a viabilidade e importancia de poñer en práctica un proxecto educativo en total coherencia co equipamento.

 

Ser pioneiros en Galicia neste plantexamento hai xa 10 anos arrastrou infinidade de dificultades prácticas, pois careciamos de exemplos próximos que nos puideran servir como referencia. Co paso do tempo e coa enerxía posta no proxecto a situación cambiou e As Corcerizas vaise consolidando como un referente no aporte de alternativas para un cambio de modelo.

 

ascorcerizas

 

Todo este traballo da asociación, voluntarios/as e colaboradores vese agora recompensado e ampliado con outros dez anos de xestión de As Corcerizas, que nos permitirán seguir transformando de xeito creativo as nosas vidas e o noso entorno cara novos modelos de convivencia que velen pola sostibilidade, a autoxestión e o respeto por minorías e maiorías.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

As Corcerizas

 

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.