Portada Novas Actividades de verán en As Corcerizas
Actividades de verán en As Corcerizas
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 01 Xullo 2009 07:34
O albergue de As Corcerizas xestionado por Amigos da Terra, inicia a súa tempada de verán, cunha oferta de actividades do 13 ao 19 de xullo, dirixida a todas as persoas que queiran comezar as súas vacacións nun entorno natural incomparable, en pleno corazón da Serra de San Mamede.

Poderedes pasar uns días de ocio e tempo libre na natureza, ao tempo que teredes a oportunidade de comprobar a viabilidade das enerxías renovables e a arquitectura bioclimática.

Disfrutareis de diferentes actividades:

- Roteiro interpretativo ambiental guiado pola Serra de San Mamede ata o pobo de Rebordechao, xunto con actividades etnográficas e baño no Río Arnoia.

- Visita guiada polo equipamento de As Corcerizas, para coñecer “in situ”, un proxecto que demostra a súa realidade.

Ademais, o enclave do albergue, é ideal para coñecer o entorno natural e cultural máis representativo do Macizo Central Ourensán, podendo realizar libremente diferentes rutas a pé ou en bicicleta.

Información e reservas:

Tfno: 988374318
E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.