Portada NOVAS Comeza o curso práctico de bioconstrución en "As Corcerizas"
Comeza o curso práctico de bioconstrución en "As Corcerizas"
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 20 Agosto 2009 08:11
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

090820_vista_aulaO Centro de Educación Ambiental “As Corcerizas” acolle dende hoxe e ata o vindeiro domingo o curso práctico de “Bioconstrución e Autoconstrución” organizado por Amigos da Terra.

Máis dunha vintena de persoas procedentes de diferentes puntos da xeografía española (Madrid, Bilbao, Ciudad Real, entre outros) e de profesións moi dispares, daranse cita neste centro, pioneiro na utilización de técnicas bioconstrutivas e na aplicación da arquitectura bioclimática como un exemplo que demostra a súa realidade.

 

O curso proporciona coñecementos, formación específica e ferramentas didácticas para a identificación e aplicación de solucións integrais que conduzan cara novos modelos de desenvolvemento que minimicen o impacto ambiental, social e sobre a saúde humana. Deste xeito, mostrará aos participantes como avaliar o impacto ecolóxico da construción: a chamada pegada ecolóxica; poderán coñecer e aplicar diferentes técnicas e materiais de bioconstrución e arquitectura bioclimática demostrando os grandes avances acadado para unha construción sostible e coñecerán os materiais de construción máis ecolóxicos e sostibles con noso medio.

 

Os fundamentos teóricos levaranse a cabo a través de actividades de participación e debate, seguido de aplicacións prácticas sobre o terreo, experimentando diferentes técnicas e posibilidades utilizadas na Bioconstrución. Así mesmo, contaremos coa colaboración e experiencia da REDE DE PERMACULTURA IBÉRICA NODO NOROESTE.

 

Máis información

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Campamento de Natureza Amigos da Terra

 

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.