| Seminario: O cambio climático, unha consecuencia máis dun modelo insustentable |
| Escrito por Montse Fernández |
| Venres, 09 Outubro 2009 08:39 |
|
Amigos da Terra presenta o Seminario O cambio climático, unha consecuencia máis dun modelo insustentable; un espazo orientado a dar resposta á crecente demanda da sociedade, que busca o xeito de implicarse nas posibles solucións existentes para pór freo á orixe do, cada vez máis acentuado, Cambio Climático.
O seminario está dividido en dúas partes que darán resposta ao plantexamento: Ante o cambio climático,
Que podemos facer na nosa vida cotiá?. Parte I. Accións prácticas para o cambio: Bioconstrución, enerxías, residuos, alimentación e transporte, son temas que trataremos dende a práctica; capacitándonos dende xa para iniciar o cambio cara un modelo de vida máis sustentable e coherente.
Como podemos comunicalo e incidir eficazmente na sociedade?. Parte II. Educación ambiental como ferramenta para o cambio: As accións individuais son importantes, pero non suficientes; sen unha educación e comunicación que incida na sociedade, non será posible unha transformación real do modelo.
PARTE I. ACCIÓNS PRÁCTICAS PARA O CAMBIO Datas: 17-18 deOutubro de 2009 Destinatarios/as: público xeral Duración: O seminario dará comezo o sábado 17 ás 10:00 horas e rematará o domingo 18 ás 18:00 horas. Está prevista a acollida dos/as participantes a noite do venres
Contidos: Enerxía: Visita interpretativa ao equipamento de As Corcerizas Accións prácticas para o cambio. Visión práctica das enerxías renovables en Galicia Resíduos: A onde van os meus residuos? Accións prácticas para o cambio. Compostaxe e vermicompostaxe Bioconstrución e hábitos domésticos: Medidas aforro e eficiencia enerxética. Respecto polo medio e a saúde Accións prácticas para o cambio. Merezo un fogar verde! Alimentación, agrocombustibles e cambio climático: Encarando o cenit do petroleo. Decrecemento Accións prácticas para o cambio. Mobilidade e condución eficiente; rodar con aceite; alternativas locais para o consumo consciente e responsable
Ponentes: Faimevi (Fundación Axencia Intermunicipal de Enerxía de Vigo), Empresa Montaxes Lagoa - enerxías renovables, Asociación Véspera de Nada, grupos de consumo responsable/consciente de Galicia (Zocamiñoca, Eirado, Semente), Amigos da terra.
Programa: Parte I: Accions prácticas para o cambio
PARTE II. COMUNICACIÓN E EDUCACIÓN AMBIENTAL COMO FERRAMENTA PARA O CAMBIO DE HÁBITOS E ACTITUDES Datas: 31 - 1 de Novembro de 2009 Destinatarios/as: asociacións, empresas, administración e calquera entidade ou persoa en xeral vinculada coa educación ambiental, a comunicación e/ou o eido do cambio climático.
Contidos: Interpretación do cambio climático dende a sociedade A educación ambiental como alternativa para o cambio Análise e pensamento crítico. Publicidade e cambio climático Parches ou solucións? Agrocombustibles Cambio climático e illas de calor urbanas: impacto globais vs efectos locais Cidades en transición Iniciativas fronte ao cambio climático en Galicia
Ponentes confirmados/as: Pablo Meira (USC), Centro tecnológico Labein Tecnalia, Faimevi (Fundación Axencia Intermunicipal de Enerxía de Vigo), SGEA (Sociedade Galega de Educación Ambiental), Verdegaia, Amigos da terra.
INSCRICION: O prazo de inscrición da comezo o 6 de outubro e remata 3 días antes do inicio de cada parte do Seminario (14 e 28 de outubro respectivamente). O número de plazas é limitado. Prezo: 25 € para socios/as e 30 € para o resto de participantes, por cada parte. Inclúe desprazamento dende Ourense, aloxamento, e alimentación ecolóxica local e comercio xusto, na medida do posible.
Envía a túa ficha de incrición a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Fax: 988 51 10 20 Dirección postal: Rúa Concordia nº20, 2ª esq. 32003 Ourense Ficha de inscrición: Formato odt , Formato pdf , Formato doc
|






