Portada Novas Seminario: Alternativas prácticas fronte a un modelo en crise
Seminario: Alternativas prácticas fronte a un modelo en crise
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 27 Novembro 2009 15:25

seminario-cambio-climatico-

 

Amigos da Terra convídate a formar parte da construción de alternativas fronte a un modelo en crise. Ante a situación de crise enerxética e outros problemas ambientais e sociais relacionados co modelo de “desenvolvemento” actual, debemos identificar e aplicar solucións integrais que nos capaciten, dende xa, para iniciar o cambio cara un modelo de vida máis sustentable e coherente.

Co obxectivo de experimentar e presentar alternativas prácticas para este cambio, mañá día 28 e o domingo 29 de novembro, o Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, acollerá a parte “Accións prácticas para o cambio” incluída dentro do Seminario de cambio climático que deu comezo no mes de outubro.

 

Estas xornadas tratarán dende a práctica e a experiencia, as alternativas reais para incorporar enerxías renovables nas nosas vivendas ou proxectos, descubrindo como podemos incorporar criterios de bioconstrucción e eficiencia enerxética; fabricaremos sistemas que nos axuden a tratar os restos orgánicos na casa e no piso, e coñeceremos de primeira man experiencias de autoorganización para unha alimentación consciente e propostas para reducir o noso impacto e consumos nos desprazamentos.

 

Así mesmo, contaremos coa colaboración como poñentes de Faimevi (Fundación Axencia Intermunicipal de Enerxía de Vigo), Empresa Montaxes Lagoa - enerxías renovables, Asociación Véspera de Nada, grupos de consumo responsable/consciente de Galicia (Zocamiñoca, Eirado, Semente).

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.