Portada NOVAS Construír de forma sostible e coidar o noso medio é posible
Construír de forma sostible e coidar o noso medio é posible
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 20 Agosto 2010 10:14
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

balas_palla

 

As Corcerizas acolle do 20 ao 29 de agosto un campo de traballo alternativo, baseado no coñecemento de novas técnicas de bioconstrución e autoconstrución, o intercambio de experiencias entre os/as participantes e a súa aplicación práctica a través da realización de traballos colectivos no Centro.

 

Máis dunha trintena de persoas procedentes de diferentes puntos da xeografía española e de profesións moi dispares daranse cita no Centro, pioneiro na utilización de técnicas bioconstrutivas e na aplicación da arquitectura bioclimática como un exemplo que demostra a súa realidade.

 

Dende Amigos da Terra pretendemos que este campo de traballo conforme un exemplo práctico e vivencial das técnicas bioclimáticas e materiais ecolóxicos existentes para a minimización dos impactos ambientais, sociais e que sobre a saúde, se xeran co noso xeito de vida. Un exemplo real de que é posible construír espazos máis confortables para nós e máis respectuosos co planeta.

 

Deste xeito, ao longo destes 10 días os/as participantes coñecerán os criterios para unha construción sostible, nocións sobre xeobioloxía, pinturas naturais, construción con balas de palla, arxila, parámetros bioclimáticos, enerxías alternativas, etc. Uns coñecementos que poderán poñer en práctica no propio centro, e así colaborar cun proxecto no que demostramos outros modelos de desenvolvemento máis respectuosos co medio que compartimos.

 

Así mesmo, e debido á gran demanda de xente interesada en participar no campo, disporemos dalgúns relatorios abertos ao público os días 21, 22 e 25 de agosto, nos que contaremos coa colaboración de expertos/as para tratar diferentes temas sobre bioconstrución e arquitectura bioclimática.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Campamento de Natureza Amigos da Terra

 

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.