|
Escrito por Webmaster
|
|
Venres, 18 Xullo 2008 01:00 |
|
 A Asociación Amigos da Terra, en colaboración co Centro de Recuperación de Fauna de O Rodicio, organiza unha actividade de sensibilización e concienciación ambiental no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, na Serra de San Mamede.
A actividade terá como obxectivo explicar os nenos e nenas, que están participando no Campamento ambiental organizado polo Concello de Pontevedra e Amigos da terra, a importancia da conservación da fauna salvaxe. Será tamén unha boa ocasión para aclarar a finalidade e accións dos Centros de recuperación de fauna. Máis información
|