Portada NOVAS Curso de Interpretación do Patrimonio. Prazo aberto de inscrición
Curso de Interpretación do Patrimonio. Prazo aberto de inscrición
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 13 Abril 2011 10:37
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

foto_interpretacion

Amigos da Terra abre a convocatoria de inscrición para o Curso Aplicación da Interpretación do Patrimonio como Estratexia de Comunicación e Instrumento de Xestión. Entendendo a Interpretación do Patrimonio como un arte, trátase de transmitir sensacións, sentimentos relevantes ao público, e despertar actitudes positivas para a conservación e coñecemento do noso patrimonio.

 

Trasladaremos esta definición na práctica aplicando esta potente estratexia de comunicación no medio natural en As Corcerizas e no medio urbano en Vigo.

 

Temario en base a cursos adaptados á Cualificación Profesional «Interpretación e Educación Ambiental», segundo o Real Decreto 1224/2009 de Recoñecemento das Competencias Laborais.

 

DESTINATARIOS/AS:

  • Educadores/as ambientais
  • Guías de turismo
  • Axentes de desenvolvemento local
  • Persoas interesadas nos contidos do curso

 

DATAS E LUGAR: 7 e 8 de maio en As Corcerizas; 13, 14 e 15 de maio en Vigo.

 

DURACIÓN: 40 horas

 

PREZO: 175 € e 150 € para socios e socias de Amigos da Terra. O prezo inclúe matrícula do curso e aloxamento e manutención da fin de semana do 7-8 de maio en As Corcerizas.

 

Consulta os contidos e máis información sobre o curso.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Campamento de Natureza Amigos da Terra

 

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.