| Fin de semana de voluntariado ambiental en San Mamede |
| Escrito por Montse Fernández |
| Martes, 26 Abril 2011 09:49 |
|
Amigos da Terra anímavos a fomar parte activa da mellora dos nosos montes e a disfrutar dos encantos da montaña ourensá, a través do programa Voluntariado Ambiental en Espazos Naturais. Este programa é un proxecto de educación ambiental multidisciplinar posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza; na Serra de San Mamede (Macizo Central Ourensán) e na Baixa Limia (Serra do Xurés).
Un programa de formación e sensibilización en materia de patrimonio natural galego, que ten por obxecto promover o voluntariado a través de actividades de educación ambiental encamiñadas á conservación, recuperación, sostibilidade e divulgación dos valores de distintos espazos naturais de Galicia.
Actividades a desenvolver:
Datas e lugar de realización na Serra de San Mamede:
Cada quenda contará cun máximo de 25 persoas voluntarias. As actividades e estancia desenvolveranse no entorno do Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.
O programa inclúe: - Aloxamento e pensión completa en albergue. - Programa de actividades e equipo educativo - Seguro de accidentes e de responsabilidade civil. - O desprazamento ata o albergue será por conta dos participantes.
Condicións xerais: Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias que teñan cumpridos os 18 anos no momento da súa participación.
Deberán levar os útiles de aseo persoal, toallas, chancletas para a ducha, roupa cómoda, roupa de abrigo e de auga, botas de montaña, calzado deportivo e lanterna. Obrigatorio levar saco de durmir.
Información e inscrición Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse a través do formulario de inscrición da web de voluntariadogalego.org da Xunta, ou chamando ao Teléfono Solidario 900400800. |






