| Mesa redonda sobre a Enerxía Eólica |
| Escrito por Angel Dorrio |
| Martes, 21 Febreiro 2012 13:11 |
|
O 25 de febreiro Amigos da Terra participará na mesa redonda da Plataforma en defensa da serra do Galiñeiro da que forma parte. A intervención consistirá na exposición doutro modelo posible de desenvolvemento baseado no uso de renovables dun xeito máis sostible, a través da experiencia de As Corcerizas.
Unha cita relevante para a reflexión, especialmente unha vez coñecido que o goberno recortará as axudas para as enerxías renovables.
Esta actividade terá lugar na cidade de Vigo, no Auditorio Municipal do Areal (Antigo Reitorado) a partir das 17h., onde poderedes obter máis información sobre a enerxía eólica dende diferentes puntos de vista.
|







