|
Escrito por Paula Vidal
|
|
Martes, 29 Maio 2012 09:27 |
|
Este verán poderás apuntar aos/ás teus/túas nenos/as ao Campamento ecolóxico de Educación Ambiental organizado polo grupo de Amigos de la Tierra Comunidad de Madrid.
Do 2 ao 11 de agosto combinaremos as alternativas que ofrece As Corcerizas coa experiencia da asociación en campamentos de educación ambiental, actividades de lecer e multiaventura, para rapaces/zas de 8 a 16 anos.
Máis información e inscricións:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
91 697 34 22 – 678 481 037
|
|
Escrito por Paula Vidal
|
|
Martes, 22 Maio 2012 18:05 |
|
Os días 9 e 10 de xuño levaremos a cabo unha acción formativa na que se transmitirán coñecementos, criterios e recursos prácticos que nos introducirán no mundo da carpintería de bioconstrución; capacitándonos para construir estruturas lixeiras e aplicar tratamentos e acabados na madeira.
Imparte a formación André Calvo, profesional da carpinteiría e a bioconstrución.
Ampliar información
|
|
Escrito por Analía Moares
|
|
Xoves, 10 Maio 2012 17:10 |
|
O vindeiro 26 de maio Amigos da Terra levará a cabo en As Corcerizas unha Xornada teórico práctica sobre Biodepuración de augas.
A través de persoal técnico especializado, se exporán as bases da Fitodepuración e se presentarán alternativas viables, como o Filtro de Macrofitas en Flotación e Microorganismos Efectivos, para a depuración de augas.
|
|
Escrito por Paula Vidal
|
|
Luns, 23 Abril 2012 19:03 |
|
As Corcerizas sitúase no Macizo Central Ourensán, Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) dentro da Rede Natura 2000. A súa localización en plena montaña constitúe un recurso ideal para a relaxación e posta en acción de actividades de natureza e lecer.
O vindeiro fin de semana 12-13 de maio terás a oportunidade de coñecer o entorno e o proxecto de As Corcerizas a través de Roteiros para a Xuventude.
|