Portada NOVAS
Novas do C.E.A. As Corcerizas
Curso de fotografía ambiental. Imaxes para o cambio social
Escrito por Paula Vidal   
Luns, 08 Abril 2013 19:15

200413_curso_fotografia_bicis_webEste curso, programado para o 20 e 21 de abril, capacitarate para realizar e mellorar imaxes e recursos comunicativos que habitualmente forman parte imprescindible de trípticos, informes, cartelería, etc; e que no día día, compartimos a través das nosas webs, blogs e redes sociais. O obxectivo é axudarte a comunicar mellor a través da fotografía, de forma máis clara e certeira. 

AMPLIAR INFORMACIÓN

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Apúntate aos cursos desta primavera!
Escrito por Cesare Tedesco   
Mércores, 27 Marzo 2013 13:30

formacion_primavera_2013Dende Amigos da Terra adiantámosvos o programa de accións formativas que levaremos a cabo nesta primavera:

Fotografía ambiental, imaxes para o cambio social

Tratamentos biolóxicos de augas residuais

- Alimentación e nutrición sana eco-lóxica e natural

Elaboración de xabóns e cosmética natural

Construción con sacos de terra

 

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Activismo na Serra de San Mamede
Escrito por Angel Dorrio   
Luns, 11 Marzo 2013 17:51

130302_desafio_solidario_saDando continuidade ás accións de revalorización e recuperación do monte levadas á cabo por Amigos da Terra no entorno de As Corcerizas nos últimos anos; propomos, para o vindeiro 16 e 17 de marzo, un plan de coñecemento e acción pola Serra de San Mamede:

Roteiro nocturno, obradoiro de recuperación ambiental, plantación e ecovixiancia en zonas afectadas polo AVE e xogos de orientación, serán algunhas das actividades previstas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Como convivir cunha mesma e en comunidade? apúntate a descubrilo!
Escrito por Angel Dorrio   
Mércores, 06 Marzo 2013 11:15

resized_YFoEE_-_Brais_Palms_58Esta semana santa Amigos da Terra ofreceche un plan diferente en As Corcerizas, con actividades baseadas no benestar, equilibrio e intelixencia emocional. Afondaremos en fórmulas para unha comunicación asertiva e para sintonizar e entrar en armonía cos demais sen perder o noso ritmo, ademais de potenciar o contacto coa natureza e coñecer novos recursos da serra.

Mais información

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Inscríbete no curso de horto ecolóxico!
Escrito por Laura Casal   
Xoves, 28 Febreiro 2013 10:07

foto_curso_horto_ecoloxico_comedoresAmigos da Terra convídavos a participar nesta II edición, que celebraremos o 9 e 10 marzo en As Corcerizas. Ademáis dos contidos teóricos necesarios para poñer en marcha unha horta, levaremos a cabo novos obradoiros prácticos: extracción de sementes, preparación de extractos vexetais e a elaboración de sementeiras.

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

Páxina 2 de 14
Campamento de Natureza Amigos da Terra

 

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.