Portada Novas VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental
VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 24 Xuño 2009 14:52

Amigos da Terra participa nas VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental, que terán lugar en Santiago de Compostela o 25, 26 e 27 de xuño, e que están patrocinadas pola Consellería de Medio Ambiente.


As xornadas incluirán mesas redondas, sesións de intercambio de experiencias e comunicacións. Neste senso, Amigos da Terra, realizará unha comunicación sobre o Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.


Este ano, están orientadas a resituar os problemas ambientais do século XXI, debater os avances realizados en Galicia e no Estado na implantación de estratexias de educación ambiental e así mesmo, ofrecer un foro para o intercambio de experiencias neste eido.

 


 


Ademais, haberá unha Mostra de Educación Ambiental, na que se exporán e difundirán materiais, equipamentos e recursos das entidades e asociacións interesadas.


Máis información

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.