Portada Novas Amigos da Terra participa en ALTERNALIA 2009
Amigos da Terra participa en ALTERNALIA 2009
Escrito por Montse Valencia   
Xoves, 25 Xuño 2009 08:33

Un ano máis Amigos da Terra participa en ALTERNALIA 2009, a mostra de bioconstrución, enerxías renovables e ecoloxía que terá lugar os días 26, 27 e 28 de xuño no Paseo Marítimo desta vila. A exhibición está organizada por o Concello de Moaña, FECIMO (Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo) e o I.E.S  A  Paralaia.

 

Amigos da Terra, participará nesta nova edición cunha mesa informativa e un obradoiro de bioconstrución, “Pensamento crítico, solucións prácticas”, que terá lugar o domingo ás 12.30 horas.

Esta mostra aspira a converterse nun referente na materia, e pretende dar a coñecer a todo tipo de público, non só a profesionais, un sector en auxe como é o da bioconstrución e as enerxías renovables.
Nesta nova edición, preténdese dar unha visión máis ampla e profesional da situación actual no campo enerxético, así como dar resposta a todas as dúbidas sobre esta tecnoloxía en crecemento e coa que se conseguen aforros enerxéticos considerables.

Así mesmo, quérese concienciar ao sector da construción dos enormes beneficios da implantación de sistemas ecolóxicos e intelixentes nos seus sistemas de produción, pero sobre todo, busca dirixirse ao usuario final das vivendas, xa que ten unha gran parte de responsabilidade en que se leven a bo porto os proxectos que se presentan nesta feira.

Por outra banda, e como novidade este ano, os organizadores quixeron recoñecer a labor de todos aqueles, que dunha forma ou outra axudan ao medio ambiente e apostan polo uso das enerxías renovables, a bioconstrución e a ecoloxía. Deste xeito, este ano decidiron instaurar un premio que persigue o recoñecemento a calquera iniciativa por parte dunha asociación sen ánimo de lucro que potencie na comarca a concienciación na protección do medio ambiente.
 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.