Portada NOVAS Amigos da Terra opta polo software libre como modelo de desenvolvemento mais xusto
Amigos da Terra opta polo software libre como modelo de desenvolvemento mais xusto
Escrito por Montse Fernández   
Luns, 18 Xaneiro 2010 10:58
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

100118_ubuntu

 

 

Amigos da Terra finalizou con éxito a incorporación do sistema operativo de software libre GNU/Linux, na súa sede de Ourense e para todos os equipos da súa rede de traballo.

 

A filosofía do software libre establece que a xente poida usar o sotfware de todas as formas que considere socialmente útiles, de modo que está dispoñible para poder descargalo, modificalo e usalo do modo que máis lle conveña, unha filosofía que compartimos e apoiamos dende Amigos da Terra.

 

Ubuntu foi a distribución de GNU/Linux escollida por Amigos da Terra. O slogan de Ubuntu, "Linux para seres humanos", resume unha das súas metas principais, facer de Linux un sistema operativo máis accesible e doado de usar.

 

Ubuntu é un sistema operativo de código totalmente aberto, construído arredor do núcleo Linux. A comunidade de Ubuntu constrúese cos ideais descritos na Filosofía Ubuntu: que o software debe estar dispoñíbel gratuitamente, que as ferramentas de software deben ser usadas polas persoas no seu idioma local e a pesar de calquera dificultade, e que a xente debe ter a liberdade de personalizar e modificar o software de calquera forma que vexa necesario.

 

Podes atopar máis información sobre este software no sitio web de Ubuntu.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma por un Nuevo Modelo Energético
Coalición Clima
Non á nosa Costa - Plataforma en defensa da Lei de Costas
Economía Verde
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Plataforma contra as Fumigacións
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
40 anos de Friends of the Earth International

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.