| Amigos da Terra é nomeada representante dos ecoloxistas na Fundación da Canceira de O Carballiño |
| Escrito por Montse Valencia |
| Martes, 19 Xaneiro 2010 08:56 |
|
A Fundación da Canceira de O Carballiño acaba de nacer coa vontade de xestionar o refuxio de animais do concello e cos obxectivos de realizar actividades, non só de xestións, senón tamén de asesoramento, docencia, investigación en materia de coidados e asistencia dos animais e promovendo a eficacia, a eficiencia e a seguridade dos animais e do seu contorno.
Todas as actividades desenvolverase con suxeción aos criterios de planificación e coordinación.
As sinais de identidade e o carácter constructivista de Amigos da Terra e promovendo a nosa propia coherencia, fai da nosa representación ecoloxista na Fundación, unha obriga. A compañeira Rebeca Carreiro, foi o membro ecoloxista máis votado na reunión que se celebrou o pasado luns.
Se queredes participar nas decisións da Fundación a través de Amigos da Terra ou colaborar na mesma a través do programa de voluntariado que se vai crear, póndevos en contacto coa asociación: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou chamando ao 988.374.318
|




