| Campionato Estatal de caza do raposo |
| Escrito por Montse Fernández |
| Venres, 29 Xaneiro 2010 09:57 |
|
Dende Amigos da Terra, convocamos a todos aqueles cidadáns que como nós, condenan as mortes inxustificadas de centos de raposos nos montes galegos. A fauna da nosa comunidade é reiteradamente masacrada (xa son tres os campionatos realizados en Portomarín) baixo o a denominación de “deporte”, recibindo das Concellerías de Medio Rural e de Deporte miles de euros. A protesta consistirá no rexeitamento público e pacífico destas matanzas inxustificadas mediante un paseo lúdico polo monte dende a mañá cedo con cantigas, instrumentos, silbatos e cacerolas (todo elemento disuasorio para que os raposos se agochen ou escapen) e unha concentración pacífica na praza maior desta vila ás 12.30-13 horas.
Organizaranse grupos de persoas para saír ao monte, xuntarémonos ás 8.30 – 9 da mañá na praza maior de Portomarín (Lugo). As zonas de seguridade son os camiños, xa que neles os escopeteiros non poden disparar, nin cazar e deben levar a arma aberta e desprovista de munición.
Esperámoste no monte ou na concentración. |




