Portada Novas Terremoto en Haití: pedido de fondos de solidariedade
Terremoto en Haití: pedido de fondos de solidariedade
Escrito por Montse Fernández   
Luns, 22 Febreiro 2010 13:07

noticias_haitiO 12 de xaneiro de 2010, produciuse un terremoto de magnitude 7,0 en Haití con varias réplicas fortes. Máis de 200.000 mil persoas morreron e un millón quedaron sen fogar. Amigos da Terra Haití (Haiti Survie) está a colaborar nos esforzos de axuda e necesitamos o teu apoio.

 

Amigos da Terra Haití desempeña un papel fundamental na sociedade haitiana, e máis amplamente na rexión do Caribe. Realiza un traballo moi valioso en soberanía alimentaria, deforestación e desertización, adaptación ao cambio climático e finanzas internacionais.

 

Axuda alimentaria

Amigos da Terra Haití proporcionou alimentos a máis de 700 familias cunha media de cinco persoas por familia. Os alimentos que están a ser distribuídos, que son producidos localmente dentro do posible, consisten en arroz, nichelas, aceite, sal, peixe seco e leite para os nenos.

 

Moitas familias están a vivir en campamentos ao aire libre onde viven baixo sabas con moi pouca protección do exterior. En cada campamento creáronse comités e os membros preparan os alimentos.

 

Distribución de auga

Durante as dúas últimas semanas o grupo distribuíu ao redor de 8.000 litros de auga potable en tres campamentos e ao redor de 20.000 litros de auga para responder ás necesidades de hixiene e domésticas.

 

Ademais, está prevista a instalación de tanques de auga potable nos campamentos que debería concretarse en dúas semanas.

 

Outro tipo de axuda

Amigos da Terra Haití distribuíu kits de hixiene ás familias nos campamentos e un total de 40 toldos para protexelos do clima. O terremoto deixou máis dun millón de persoas sen fogar e o aprovisionamento e distribución das carpas é unha prioridade antes da estación chuviosa en marzo.

 

O traballo de Amigos da Terra Haití

O grupo continúa fortalecendo o seu traballo principal. Isto inclúe, axuda para que os pequenos produtores se recompoñan nas zonas rurais danadas e aumenten a dispoñibilidade de alimentos producidos localmente no país.

 

Todos os esforzos de axuda de Amigos da Terra Haití son realizados en coordinación con socios para reducir custos e evitar duplicar as tarefas.

 

Fai unha doazón

Por favor, considera facer unha doazón hoxe para axudar a Amigos da Terra Haití na súa resposta de emerxencia á situación e os esforzos de reconstrución.

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.