Portada Novas Ecovixías polos Cañons do Sil
Ecovixías polos Cañons do Sil
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 24 Febreiro 2010 07:54

100224_canonsil

 

Dende Amigos da Terra, en colaboración con Alberto Rivero, imos organizar para o sábado día 6 de marzo unha nova saída de ecovixianza, co obxectivo de detectar problemáticas ambientais e as desfeitas contra a natureza que se están a realizar na zona dos Cañons do Sil, para o cal faremos unha visita guiada.

 

 

Data: sábado 6 de marzo.

 

Saída: 10h. desde a Explanada da comisaría de Policía en Ourense. Regreso: ás 19h.

 

Que levar: a comida-picnic, roupa de abrigo ou chuvasqueiro, e calzado cómodo,

Tamén recomendamos prismáticos, cámara de fotos, un caderno de notas e lapis.

 

100224_canonsil_2

 

Data límite inscrición: xoves 4 de marzo (é necesario respectar esta data para que poidamos

organizarnos nos coches que dispomos para ir).

 

Animádevos e apuntádevos poñéndovos en contacto con Amigos da Terra: 988.37.43.18 (Ángel Dorrío) ou nos email:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ; Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.