| Amigos da Terra entra en COOP57 |
| Escrito por Montse Fernández |
| Martes, 26 Outubro 2010 09:43 |
|
COOP57 é unha cooperativa de servizos que destina os seus recursos propios a dar préstamos a proxectos de economía social que promovan a ocupación, fomenten o cooperativismo, o asociacionismo e a solidariedade en xeral, e promovan a sustentabilidade sobre a base de principios éticos e solidarios. Nos seus consellos reitores decídese transparente e democraticamente ou destino das achegas económicas das persoas e cooperativas que a compoñen, e son financiados soamente proxectos de cooperativas de traballo asociado, iniciativas de inserción laboral, proxectos de movementos sociais, sostibilidade e medio ambiente, cultura e educación. Amigos da Terra ten o privilexio de ser o primeiro grupo ecoloxista que entra dentro de COOP57. |















