| Shell novamente cuestionada pola situación en Nixeria |
| Escrito por Montse Fernández |
| Mércores, 26 Xaneiro 2011 11:42 |
|
Para Geert Ritsema de Amigos da Terra Holanda/Internacional. "A presión sobre Shell para que limpe o desastre que provoca en Nixeria aumenta cada día. O ano pasado, a empresa foi eliminada do Índice Dow Jones de Sostenibilidad debido á contaminación no Delta do Níxer, e recentemente Wikileaks demostrou que Shell utiliza a influencia política en Nixeria para manipular a situación no país. Solicitamos aos políticos holandeses que sinalen a responsabilidade de Shell ante os problemas que provoca a empresa en Nixeria".
A demanda presentada hoxe ante o Punto Nacional de Contacto holandés na OCDE refírese ás cifras non transparentes, inconsistentes e enganosas que Shell distribuíu sobre as causas dos derramos de petróleo en Nixeria. A demanda explica como Shell a miúdo afirma en forma inxusta que os derramos son provocados pola sabotaxe e que Shell está a utilizar cifras ao azar sen unha verificación independente.
"Monitoreamos os derramos en forma regular e as nosas observacións a miúdo contradín a información presentada por Shell. Varios estudos culparon maioritariamente ás empresas petroleiras dos derramos de petróleo no Delta do Níxer, especialmente a Shell. Debería asumir a súa responsabilidade e limpar o desastre que provocou no noso país.Shell tamén debería deter a queima de gas no Delta do Níxer. Esa é unha acción da que non poden culpar ás comunidades", argumentou Nnimmo Bassey, director de Amigos da Terra Nixeria (ERA) e presidente de Amigos da Terra Internacional.
Shell operou en Nixeria durante máis de medio século e Amigos de la Tierra Internacional, ERA e Milieudefensie protestaron en contra da política petroleira durante décadas. Queren que Shell limpe os centos de derramos petroleiros que provoca cada ano e que deteña a queima de gas, que foi prohibida pola lei nixeriana en 1984. O gas asociado que agora é queimado simplemente emite gases velenosos e CO2. Poderíaselle dar un bo uso, como a xeración de electricidade. |

A xigante petroleira Shell será cuestionada novamente polos impactos ambientais e sociais das súas operacións en Nixeria. Mañá, o parlamento holandés realizará unha audiencia sobre as actividades de Shell en Nixeria. Hoxe, Milieudefensie (Amigos da Terra Holanda) e Amigos de la Tierra Internacional presentaron xunto a Amnistía Internacional unha demanda conxunta ante a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) polas afirmacións inxustas de Shell, de que case todos os derramos de petróleo no Delta do Níxer se deben á sabotaxe.













