Portada NOVAS Amigos da Terra alerta de que a area da praia de Teis volverá a desaparecer
Amigos da Terra alerta de que a area da praia de Teis volverá a desaparecer
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 18 Febreiro 2011 22:26
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

playa-punta

 

A asociación ecoloxista denunciará ante a Demarcación de Costas ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, polo impacto ecolóxico e económico da súa pretensión de volver a cometer o erro de crear unha praia onde non existe.


 

Ante as recentes novas aparecidas nos medios de comunicación, nas que se informa que a Dirección Xeral de Costas ten previsto construír un novo espigón para mellorar o aspecto da praia de A Punta en Teis, tras o fracaso do aporte de area do pasado verán, a asociación ecoloxista alerta de que o problema volverá a repertirse unha e outra vez.

 

Amigos da Terra xa denunciou a situación da praia de Teis hai 10 anos, cando retiraron o muro da escola militar da ETEA, xa que era precisamente ese muro o que impedía que a area circulase e o que formou unha praia onde non existía.

 

Así mesmo, o pasado ano, cando o alcalde decidiu verter toneladas de area para mellorar o aspecto da praia, dende a asociación  tamén alertamos de que esa area non duraría demasiado, e acabaría colmatando o fondo da ría.

 

Agora, o Concello quere volver a cometer o mesmo erro, construíndo un novo muro e vertendo novamente toneladas de area, “un novo desacerto, xa que parte de esa area perderase de novo no fondo mariño, sepultando aínda máis os bancos marisqueiros, afirmou  Antón Lois, vogal de comunicación de Amigos da Terra.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma por un Nuevo Modelo Energético
Coalición Clima
Non á nosa Costa - Plataforma en defensa da Lei de Costas
Economía Verde
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Plataforma contra as Fumigacións
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
40 anos de Friends of the Earth International

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.