Portada NOVAS Amigos da Terra alerta do perigo que supoñen as travesías turísticas pola ría de Pontevedra
Amigos da Terra alerta do perigo que supoñen as travesías turísticas pola ría de Pontevedra
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 03 Agosto 2011 22:43
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

cetaceos_200x132

 

Para Amigos da Terra as rutas marítimas "Latitud 42", inauguradas en Pontevedra esta semana e nas que se ten previsto visitar calas de difícil acceso, poderían poñer en serio perigo os poucos refuxios de especies mariñas que quedan a salvo da presenza humana, na xa moi castigada ambientalmente ría de Pontevedra.

 

 

As calas illadas que se pretenden incluír nestas rutas marítimas, son refuxio de moitas especies mariñas, precisamente, porque non son accesibles para o ser humano por terra, polo que a chegada de grupos de turistas a estas zonas, podería poñer en perigo os poucos refuxios que aínda quedan na ría de Pontevedra, especialmente masificada nos meses de verán.

 

Por outra banda, para a asociación ecoloxista, a aposta forte do proxecto, as viaxes á Illa de Ons en vinte minutos, no que se superan os 60 km/hora, poderían poñer en perigo aos cetáceos que abundan na cabeceira da ría de Pontevedra.

 

Amigos da Terra non se opón á realización destas travesías, polo que poden supoñer de potencial achegamento aos valores naturais do entorno, pero para que resulte compatible coa sostenibilidade ambiental, deberían evitarse tanto o acceso ás calas illadas como á excesiva velocidade das embarcacións pola ría.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma por un Nuevo Modelo Energético
Coalición Clima
Non á nosa Costa - Plataforma en defensa da Lei de Costas
Economía Verde
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Plataforma contra as Fumigacións
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
40 anos de Friends of the Earth International

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.