Portada NOVAS Campeonato nacional de matar raposos
Campeonato nacional de matar raposos
Escrito por Angel Dorrio   
Venres, 03 Febreiro 2012 10:56
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

cartel_zorro_1

 

Dende Amigos da Terra, apoiamos, xunto con outras 32 asociacións, este manifesto da Plataforma Matar Por Matar NON.

 

O vindeiro sábado, día 4, celébrase en Rois (á beira de Padrón) o campionato nacional de matar raposos.

 

E xa van seis en menos dun mes, con ducias de victimas e participación masiva, xa que Galicia é a única Comunidade onde estes suxeitos cazan gratis en leiras alleas, onde o labrador, o propietario e o agricultor alimentan á fauna e eles lévanllela gratis sen contraprestación algunha aos seus lexítimos donos.

 

Un deses acontecementos que, xunto coa tortura de touros e a corrupción política, destácanos dentro da outra Europa máis civilizada. Moreas de individuos armados, en número de máis de mil, exterminarán raposos e outros animais nunha comarca allea, onde aproveitarán para arrasar con todo o que poidan.

 

Non o fan para demostrar a súa habilidade coa escopeta, xa que existen numerosas maneiras de facelo, menos depredadoras e menos crueis.

 

Tampouco para "controlar o número de individuos", como cínicamente pretenden enganar a unha cidadanía máis culta ca eles, xa que non hai problema cos raposos, nin neses lugares, nin onde devanditos campionatos non se realizan nunca.

 

De feito, a súa incapacidade para regular nada queda en evidencia ante o problema dos xabaris que, a pesar de que poden cazalos todo o ano, só conseguen asustalos e que invadan autovías e autoestradas ocasionando accidentes.

 

Tampouco se trata de cazar, pois saben dabondo que un cazador mata o imprescindible e nunca se prestaría a esta ignominia.

 

Trátase apenas de saciar a súa sede de sangue e a súa crueldade, de matar seres vivos que logo tiran ao lixo e de disparar a animais silvestres para variar dos coellos e perdices de granxa que matan todo o ano porque xa extinguiron os silvestres. Extinción á que acabarán levando tamén ao inofensivo raposo.

 

Unha práctica rexeitada pola maioría da poboación, pero que os gobernantes dun e outra cor, instalados na soberbia, o autoritarismo e o hábito de lexislar durante todo o mandato contra os cidadáns e a favor de mesquiños intereses económicos, non só autorizan, senón que incentivan, mediante o recoñecemento da mesma como "deporte" e a concesión de zumentas subvencións da Conselleria de Cultura e Deporte, nada menos, para favorecer o negocio da caza, as armas, licenzas, etc.

 

Como sempre, a crueldade e o materialismo máis mesquiño, anteponse ao interese xeral.

 

Pedimos a todas as persoas que abominamos destas animaladas, que vivan ou pasen pola zona, que se hai néboa, se os ven cazando en camiños ou pistas, se os ven con armas a menos de 50 metros de pistas e camiños ou a menos de 100 metros dos pobos, que por favor, chamen ao SEPRONA e denuncien. Elles estarán a atentar contra a seguridade do resto dos cidadáns e infrinxindo a lei de caza.

 

Plataforma Matar por Matar Non:

 

ABEIRO, ADEGA, Amigos da Terra, A Lobagueira, Amigos de los Animales, Asociación COMETA, Asturias Verde, ASCEL, CES Salnés, Centro Social A Formiga, Coord. Protec.Pontevedra, Coto do Frade, Ecologistas Extremadura, Eucaliptos NON, FEG (Federacion Ecoloxista Galega), Fin del maltrato animal, Fundación Altarriba, GAS Vigo, Huellas Cantabria, LIBERA, Leon Vegano, Matar por matar NON, PACMA, Protectora Marín, Protectora Moura, Salva o Tren, SEO, SOS Courel, SHAC SPAIN, SOS Felinos, SOS Hurones, UPAFGA (Union de Protectoras de Animales Federadas de Galicia), Verdegaia.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
0 #2 Antón 04/02/2012 12:45
Si, veciño, alí tamén, pero e que as probas do campionato de matar raposos son comarcais (nas comarcas do Barbanza, Noia, Sar e Santiago). A de Rois era a que previsiblemente contaba con maior participación.
Citar
 
 
-1 #1 Un veciño 04/02/2012 11:25
Nestes momentos, cerca do Campo de fútbol de Portosín (Concello de Porto do Son) hay unha morea de cazadores.

¿Non dicides que o campionato é en Rois?
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
Un Mundo de Bajo Consumo
40 anos de Friends of the Earth International

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.