| Xa pasou un ano. Onde está Sandra Viviana Cuellar? |
| Escrito por Angel Dorrio |
| Xoves, 16 Febreiro 2012 22:16 |
|
Este venres, 17 de febreiro cúmprese un ano da desaparición da nosa compañeira a enxeñeira ambiental Sandra Viviana Cuéllar Gallego, activista do ambientalismo e artista, nacida en Cali hai 26 anos. No momento en que a desapareceron ía cumprir co seu labor como docente da Universidade Nacional, sede Palmira, no departamento do Val do Cauca, en Colombia.
A un ano da súa desaparición non se coñecen os autores deste crime, e dende a Fiscalía non se deu maior información sobre a investigación e os seus avances ao respecto. Ata agora queda impune o crime.
A presión internacional sobre o goberno de Colombia pode ser unha ferramenta eficaz para desbloquear este proceso, polo que pedímoslles asinar a seguinte carta á Fiscal Xeral da Nación, para esixir unha resposta acerca do estado en que se encontra a investigación e das perspectivas que se teñen de continuar avanzando.
|
















