Portada NOVAS O Concello de Trasmiras pretende converterse en obxectivo preferente para un ataque militar
O Concello de Trasmiras pretende converterse en obxectivo preferente para un ataque militar
Escrito por Maria Durán   
Venres, 17 Febreiro 2012 12:01
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

The-first-Block-40-Global-Hawk-unmanned-aircraft

 

Ante o novo intento do Concello de Trasmiras para converterse en base de avións-espía da OTAN, Amigos da Terra pide reflexión sobre as implicacións globais e os riscos para a poboación que leva implícita a instalación dunha base militar.

 

Son precisamente as bases de avións-espía un dous primeiros obxectivos a destruír en caso de conflito armado pola lóxica de eliminar as fontes de información inimigas.

 

Plantexar en Trasmiras unha base de avión Global Hawk leva implícito converter esa zona nun obxectivo preferente para un ataque en caso de conflito bélico.

 

Paralelamente situaría ao Concello de Trasmiras como entidade colaboradora da empresa Northrop Grumman que se sitúa na actualidade como a terceira contratista mundial na fabricación de armamento, sendo algúns dos seus "produtos estrela" ademais dos avións espía os submarinos nucleares e os bombardeiros portadores de armamento nuclear táctico. As persoas que desexamos un mundo en paz non consideramos agradábel a veciñanza con determinados lobbys empresariais.

 

Ás xustificacións clásicas sobre investimento e postose de traballo tampouco se xustificarían neste proxecto, pois trátase dunha instalación que incorpora tecnoloxía allea e dunha mera base operativa militar, sen apenas investimento en sectores locais, e os postos de traballo derivados do seu funcionamento son para persoal militar altamente especializado da propia OTAN sen apenas acceso á poboación civil salvo tarefas subsidiarias de servizos.

 

 En calquera caso Amigos da Terra considera que o beneficio económico non compensa o risco de situar a Ourense en xeral e Trasmiras en particular no mapa dos obxectivos militares preferentes.

 

Pola defensa da paz e ou futuro da terra, Amigos da Terra pide ao Concello de Trasmiras que reconsidere a súa proposta, e que se propoña como alternativa a instalación dunha base de avións  contraincendios.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
+1 #2 Analía 17/02/2012 13:36
Pois se as propostas para revitalizar o rural galego son do tipo de incineradoras e bases de avións-espía... case mellor que quedamos co estamos. Xa se sabe, máis vale só/a que mal acompañado/a!
Citar
 
 
-1 #1 Antón 17/02/2012 13:02
Non sei que pasa últimamente en Ourense, pero (toquemos madeira) xa solo falta que propoñan instalar tamén unha nuclear!!
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
Un Mundo de Bajo Consumo
40 anos de Friends of the Earth International

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.