Portada NOVAS Amigos da Terra participa na campaña galega Camiñando cara o 8 de marzo
Amigos da Terra participa na campaña galega Camiñando cara o 8 de marzo
Escrito por Raquel Fernández Rodríguez   
Luns, 27 Febreiro 2012 14:54
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

120308cartaz_manifa_reducido

Amigos da Terra, tras o chamamento da Coordinadora de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres, decidimos coordinar os nosos esforzos con outros colectivos feministas da provinciana na loita contra as actuais políticas regresivas aplicadas, a nivel comunitario, estatal e galego, polos poderes políticos e económicos.

 

Tendo en conta o impacto que están a ter estes recortes sobre o conxunto da cidadanía e especialmente das mulleres, deseñamos unha campaña, con actividades enfocadas desde diferentes sensibilidades, chamada Camiñando cara o 8 de marzo, que culminará na manifestación do 11 de marzo en Santiago de Compostela co lema Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos.

 

Dentro das numerosas actividades organizadas dentro da campaña, e que podedes consultar na nosa axenda, destacar a charla do día 1 de marzo, Os movementos de mulleres, a semente da soberanía alimentaria, ás 20:00 horas no local do Sem Um Cam, no nº 9 da rúa Vilar; na que Antón Lois, o vogal de comunicación e activismo de Amigos da Terra, ofreceranos unha visión histórica da importancia dos movementos femininos e feministas no desenvolvemento dos movementos de soberanía alimentaria. Tamén nos axudará a conectar os traballos en prol da soberanía alimentaria no norte e no sur do planeta.

 

Destacar de novo que o día 11 de marzo toda a cidadanía esta convidada a participar na mani-festa-acción con evidente carácter lúdico e reivindicativo, para a que se contratarán autobuses co obxecto de facilitar a chegada de participantes, dun modo máis sostible, dende distintos puntos de Galicia. No caso de Ourense o autobús terá un custe de 7€ e teredes que anotarvos antes do 8 de marzo en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 988 374 318.

 

Para máis información, podedes ir á páxina da Marcha Mundial das Mulleres, onde ademáis atopáredes o texto íntegro do manifesto que, asinado polas feministas galegas, nos adscribimos dende Amigos da Terra.

 

Por último recordarvos que as actividades enmarcadas nesta campaña aparecen especificadas na axenda da nosa web.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
Un Mundo de Bajo Consumo
40 anos de Friends of the Earth International

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.