| Amigos da Terra apoia as mobilizacións e a participación cidadá do 15M |
| Escrito por Maria Durán |
| Venres, 11 Maio 2012 12:23 |
|
Amigos da Terra apoia as mobilizacións sociais convocadas do 12 ao 15 de maio por toda a xeografía española. Desde o seu nacemento, o movemento 15m conseguiu espertar un pensamento crítico en toda a sociedade e comezou a construír unha cidadanía responsable, preocupada e capaz de tomar as rendas do seu presente e futuro.
O 15 M retoma as prazas do 12 ao 15 de maio Desde o 12 ata o 15 de maio a cidadanía volverá tomar as rúas e prazas dunha forma pacífica, reivindicativa e lexítima, para mostrar o seu descontento ante os recortes executados polo goberno. Miles de persoas daranse cita nun momento no que se fai necesario invertir a tendencia continuada de privacións de dereitos á cidadanía. A manifestación do 15 de maio espertou un pensamento crítico e de unión, onde a participación cidadá se constituiu como o principio crave para a acción conxunta. Desta forma, xente de todo tipo congregouse e sigue congregándose para debater, discutir, informar e crear un pensamento colectivo, onde todas as persoas achegan a súa perspectiva sobre os problemas que afronta a nosa sociedade e enriquécense con opinións dispares a través de escóita activa. A situación social, económica e ambiental fixo saír á rúa a multitude de persoas indignadas. Unha vez máis, con motivo do aniversario, a xente volverá alzar a súa voz este 12 de maio para mostrar o descontento social provocado por unha xestión gobernamental centrada nos vellos principios económicos ao servizo dos mercados, os mesmos que nos levaron a este contexto de malestar actual. Ao longo deste tempo o 15M continuou coa súa loita, polos dereitos sociais e tamén polos dereitos ambientais, ambos completamente indisociables. A xente estivo saíndo ás ruas para apoiar outro tipo de sociedade, para reclamar que a solución non pasa polos recortes sociais, non pasa por seguir explotando a outros pobos e por expoliar os seus recursos naturais. A solución pasa por un cambio onde as persoas se situen no centro das políticas e onde exista unha repartición equitativa de recursos naturais. A situación é cada vez máis crítica e cada vez máis persoas consideran indispensable tomar outra dirección. Unha vez máis a cidadanía demostrará a forza e o poder da democracia participativa, aberta, reflexiva e respectuosa, que representa o 15m. E Amigos da Terra seguirá apoiando todos os movementos que busquen a creación dunha cidadanía construtiva, reivindicativa, pacífica, respectuosa coas persoas e co medio ambiente. Convocatorias de manifestacion en Galicia: A Coruña: Pza da Palloza 17,30 http://acampadacoruna.com/ Lugo Pza Maior 18.30h http://acampadalugo.blogspot.com.es/ Ourense: Rúa do Paseo 19.30h http://acampadaourense.blogspot.com.es/ Pontevedra: Avda Montero Rios 18:30h http://indignatepontevedra.wordpress.com/ Vigo: Pza españa 19,00 http://vigo.tomalaplaza.net/ |
















