|
Escrito por Montse Fernández
|
|
Venres, 22 Xullo 2011 16:24 |
|

Dende a asociación preguntámonos como é posible que unha obra que xa está aprobada, tan importante para facer fronte aos numerosos abandonos de animais que se producen na nosa provincia, e na que xa se inverteron máis de 60.000 euros do diñeiro de todos e todas, sexa anulada dun día para outro.
|
|
Escrito por Montse Fernández
|
|
Venres, 15 Xullo 2011 08:11 |
|

Amigos da Terra, concorda cos alcaldes de Fornelos de Montes e Soutomaior, ao cuestionar a viabilidade ambiental do transvase de auga do río Verdugo ao Oitavén, tendo en conta que ámbolos dous afluentes están incluídos na nova proposta da Rede Natura 2000 e albergan unha importante riqueza natural debido aos seus bosques de ribeira e augas rápidas de montaña, ademais de xogar un papel importante como corredores ecolóxicos.
|
|
Escrito por Montse Fernández
|
|
Xoves, 14 Xullo 2011 11:47 |
|
A Unión Europea está a perder a oportunidade de garantir a sostibilidade mariña e a viabilidade das poboacións máis dependentes da pesca. Maria Damanaki, Comisaria de Pesca europea, presentou a proposta da Comisión Europea para a reforma da Política Pesqueira Común (PPC). Esta reforma, tras ser discutida no Parlamento Europeo e no ámbito do Consello Europeo, definirá as novas directrices para a pesca comunitaria que deberán entrar en vigor a finais do ano 2012. Fonte imaxe: (c) Tomo.Yun (www.yunphoto.net/es/)
|
|
Escrito por Maria Durán
|
|
Luns, 11 Xullo 2011 11:50 |
|

A falta de 300 días para o final da lexislatura, se non hai eleccións anticipadas, Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF presentan unha pormenorizada avaliación da política ambiental do Goberno. O informe mostra como a sustentabilidade non está dentro da axenda gobernamental.
|