| Amigos da Terra celebrou onte o Día do Medioambiente |
| Escrito por Webmaster |
| Venres, 06 Xuño 2008 01:00 |
|
![]() ![]() Ao chegar a estación de tren de Vigo estaban agardando outros compañeiros/as, dende aqui partimos para realizar un percorrido en bicicleta polas rúas da cidade chegando ata o Museo Marco onde se realizou unha recollida de mensaxes e testemuños da cidadanía para frear o cambio climático. Posteriormente movémonos ata a Casa do Concello na Praza do Rei, onde nos recibiu Abel Caballero, Presidente da Rede de Cidades polo Clima. Entrevistámonos con él e presentámoslle a campaña S.O.S. Clima co obxectivo de que a difunda entre a Rede de Cidades polo Clima e adquira o compromiso de poñer medidas para reducir os efectos do cambio climático. |








