|
Amigos da Terra estará no Festival REPERKUSIÓN' 08 de Allariz, os días 20 e 21 de Setembro para pedir aos asistentes aos concertos que actúen fronte ao cambio climático, dando o seu apoio á Campaña S.O.S. Clima.
S.O.S. Clima é parte da campaña de cambio climático de Amigos da Terra Europa The Big Ask, que ten por obxectivo conseguir que a Unión Europea e os países membros neste caso España, comprométase a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 30% en 2020 e un 90% en 2050.
A campaña arrancou en Galicia o pasado 22 de Abril presentándose en rolda de prensa na capital galega de Santiago de Compostela. Agora S.O.S. Clima comeza a súa II fase de actuación co proxecto Actúa! Tratase da recollida de postais coas peticións que queremos facer chegar ao Presidente do Goberno para que apoie a creación da lei que regularice e faga cumprir o obxectivo do Protocolo de Quioto ano a ano. O que pedimos é:
· Unha lei que faga posible cumprir o obxectivo de reducir as emisións ano a ano. · A presentación dun informe anual sobre as accións emprendidas para cumprir os obxectivos.
· Asumir as responsabilidades que fixe a lei en caso de non cumprimento.
· A vantaxe de fixar obxectivos a curto prazo é que fai responsables aos políticos de hoxe do cumprimento deses obxectivos, o que lles obriga a actuar e lograr que se fagan realidade.
Os días 20 e 21 de Setembro a Campaña S.O.S. Clima chega ao REPERKUSIÓN'08 en Allariz, para achegarse á xente máis nova e dinámica dando un toque musical a campaña, e continuando coa Andaina Fotográfica que recorre o estado español.
Actúa, non quedes sentado. O Clima está cambiando, é tempo de actuar!
|